Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Conta atrás para o inicio da actividade da Oficina Acelera PEME Rural en Cambados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Conta atrás para o inicio da actividade da Oficina Acelera PEME Rural en Cambados

S. P.
Publicado: 10/03/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cambados_acelera_pyme_rural_2.jpg Cambados acollerá a partir do vindeiro 15 de marzo unha oficina Acelera PEME rural grazas á Deputación de Pontevedra e a Red.es. Así o anunciou Carmela Silva este xoves 9 de marzo, durante a visita do director xeral da entidade, Alberto Martínez Lacambra, na que tamén estiveron presentes o alcalde de Cambados, Samuel Lago, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba.
A presidenta provincial explicou que esta oficina, xunto á que tamén se porá en marcha en Tui, será un “punto de referencia para a transformación dixital e de impulso para as pequenas e medianas empresas”. Máis polo miúdo, dixo, o desafío é axudar á dixitalización destas pemes da contorna rural, especialmente en concellos de menos de 20.000 habitantes como Cambados e Tui, por medio de actuacións a través da colaboración con diversos axentes do ámbito público e privado.
Carmela Silva explicou que se escolleu instalar as novas oficinas en Cambados e Tui para “poder chegar ás entidades das comarcas do Salnés e do Baixo Miño, respectivamente, ambas cunha enorme rede de pequenas e medianas empresas que teñen que crecer, manterse e sumar, ademais de dixitalizarse”. No caso de Cambados, explicou o municipio xa contaba cunha oficina SmartPEME da Deputación, que agora se transforma para integrarse neste novo programa, mentres que en Tui se está levando a cabo o proceso administrativo para instalar unha nova oficina, “que estará operativa nun período curto de tempo”. “
cambados_acelera_pyme_rural_1.jpgA posta en marcha destas oficinas en Cambados e Tui é “unha boa noticia”, xa que terán “un papel de máxima relevancia nos próximos meses e anos”, como explicou o director xeral de Red.es. Alberto Martínez Lacambra lembrou a importancia da dixitalización das pemes con programas como Kit Dixital, que está enfocado a empresas por debaixo dos 50 empregados e empregadas, é dicir, “0 69% do tecido produtivo do conxunto do Estado”. En concreto, desde que comezou en 2021, xa se concederon axudas a 5.000 empresas da provincia de Pontevedra por valor duns 25 millóns de euros, unha cifra que aumenta ata as 14.000 axudas e os 65 millóns de euros no global de Galicia, o que demostra, dixo, que “a dixitalización chegou para quedarse e, polo tanto, cobran sentido este tipo de oficinas”.
Pola súa banda, o alcalde de Cambados, Samuel Lago, mostrou a súa satisfacción por ser un dos concellos escollidos para albergar unha nova oficina, que permite “dar ás empresas da nosa comarca o impulso que precisan para adaptarse ás novas tecnoloxías e á era dixital”. O acompañamento que se fará ás pemes desde a oficina e as ferramentas que se porán a súa disposición, como o Kit Dixital, axudarán a que, en palabras do alcalde, “se siga creando emprego e sigan crecendo as empresas, todo nun ámbito e cunhas ferramentas que son ás que inexorablemente se teñen que adaptar as empresas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?