Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Inforhouse, no programa de capacitación de provedores sustentables da Rede Española de Pacto Mundial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Inforhouse, no programa de capacitación de provedores sustentables da Rede Española de Pacto Mundial

S. P.
Publicado: 10/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

inforhouse-2.jpgA tecnolóxica galega Inforhouse, con sede en Santiago, está a participar a día de hoxe na primeira edición do Programa de Capacitación: Provedores Sustentables, que organiza a Rede Española de Pacto Mundial, que depende da ONU, o ICEX e a Fundación ICO. Este programa está orientado a empresas provedoras de diversos sectores e pretende que as pemes españolas e doutras nacionalidades cumpran e se sumen ao compromiso do Pacto Mundial, implantando medidas encamiñadas a garantir os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).
Participar nesta primeira edición permitirá a Inforhouse ser fornecedora sustentable de servizos e recursos dende unha fase anterior a outras moitas empresas provedoras, dando así resposta primeira, e de base, á esixencia de requisitos das grandes firmas e da sociedade. A entrada a este programa é por convite. No caso de Inforhouse, foi Navantia a responsable da invitación, tras o proxecto desenvolvido en 2022 sobre solucións na nube de IBM.
A empresa de Santiago informa que “a sustentabilidade e o Pacto Mundial non son algo novo para nós, onde xa aprobamos a nosa primeira política de Responsabilidade Social Empresarial no ano 2017, e dende aquela a evolución foi unha constante”.
En 2018 implantouse en Inforhouse, formalmente, un modelo estandarizado para a xestión sustentable e RSE: estándar GRI, contando con verificación externa pola entidade acreditada do devandito informe de sustentabilidade.
A empresa de Santiago explica que “dende o primeiro momento integrouse no informe un apartado para medir e verificar a aproximación ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Pacto Mundial. Así, había unha fotografía do estado de cumprimento dos ODS, realista e que permitía avanzar e mellorar o sistema global de sustentabilidade e RSE”.
En 2021, para “mellorar a xestión do aspecto laboral”, implantouse e certificouse na empresa galega un modelo EFR 1000-2, que acreditou a vertente de Inforhouse como Empresa Familiarmente Responsable, verificando que existen medidas de conciliación para o equipo de traballadores, medidas que, nalgúns casos, levaban implantadas desde facía varios anos.
Estes modelos e sistemas de RSE e EFR están integrados no sistema de xestión, de tal xeito que están aliñados coa xestión da calidade, medio ambiente, servizos TI e seguridade da información, aspectos axustados a Normas ISO. “Isto”, informa a empresa de Santiago, “garante a continuidade dos modelos, o aliñado coa estratexia empresarial global e a procura dunha mellora continua en todo momento, en todos os ámbitos de xestión”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?