Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ribeira dá novos pasos no seu proxecto de Cidade Intelixente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ribeira dá novos pasos no seu proxecto de Cidade Intelixente

S. P.
Publicado: 13/03/2023
9 Min de Lectura
Compartir
9 Min de Lectura

edusi-ribeira-la12-1-tic-smart-village-instagram.jpgO Concello de Ribeira, no marco das liñas de traballo da estratexia EDUSI Máis Ribeira Atlántica, vén de ampliar a transformación dixital municipal mediante varias iniciativas concretas do ámbito Smart City. Iniciativas como por exemplo a renovación das páxinas web e a súa infraestrutura de telecomunicacións, a modernización da sede electrónica, a incorporación de sistemas de gravación e de retransmisión de eventos e a procura de solucións en materia de seguridade viaria e cartelería dixital.
“Esta aposta polas novas tecnoloxías ten como obxectivo modernizar o día a día da gobernanza municipal, tanto na xestión interna como de cara ao cidadán, adecuando os servizos ás necesidades actuais e habilitando trámites administrativos máis áxiles e eficientes”, explicaron fontes do Concello, engadindo que “estes servizos públicos renovados melloran a seguridade e o benestar dos veciños e están aliñados cos parámetros de eficiencia e sustentabilidade, amais de contribuír a reducir a fenda dixital existente entre o mundo rural e o urbano e contribuír á dinamización social e económica do municipio”.

Contidos
  • Novas páxinas web do Concello de Ribeira
  • Modernización da sede electrónica
  • Cartelería dixital
  • Sistema de gravación e retransmisión de eventos
  • Renovación da infraestrutura de telecomunicacións do Consistorio
  • Solucións para mellorar a seguridade viaria
  • Investimento

Novas páxinas web do Concello de Ribeira

No marco desta liña de actuacións, xa está en marcha un novo portal municipal que dende o concello cualifican como “máis dinámico, intuitivo, áxil, visualmente atractivo, accesible e responsive, que se adapta a calquera dispositivo móbil”. Foi realizado pola empresa ASAC Comunicaciones S.L., que resultou adxudicataria do correspondente contrato municipal. Entre as súas principais novidades están a incorporación de novas na páxina principal cunha axenda de eventos e de actividades, a habilitación de información do propio Concello cunha sección específica e o Portal de Transparencia, cos que se cumpre a normativa aplicable en materia de transparencia e acceso á información. Ademais, permítese a tramitación de xestións a través da sede electrónica, incorpórase unha caixa de correos para o rexistro de incidencias e habilítanse un formulario de consulta e datos de contacto e os accesos ao perfil do contratante e a páxinas web do Concello e de terceiros.
Tamén está xa operativa a nova aplicación móbil complementaria da páxina web, que permitirá transmitir incidencias, recibir novas ou acceder á plataforma comercial Ribeira Store, impulsada polo Concello, que se pode descargar gratuitamente tanto no Play Store como na App Store de Apple.
Tamén se puxo a disposición de veciños e visitantes unha nova web de Turismo (turismo.ribeira.gal) que recolle información sobre os principais atractivos e recursos turísticos da localidade.

Modernización da sede electrónica

O obxectivo da modernización da sede Electrónica é “axilizar a tramitación dos expedientes” e “lograr unha maior coordinación interna e unha mellor comunicación cos cidadáns, que agora dispoñen dunha plataforma que lles permite realizar os trámites de maneira máis sinxela”, explicaron fontes do Concello, engadindo que “grazas a unha nova solución tecnolóxica para a presentación de documentos na Oficina de Atención Cidadá, a través do sistema de interconexión de rexistros (SIR), pódense suprimir os envíos de papel entre administracións ao xerar copias auténticas electrónicas da documentación presentada”.
Esta sede electrónica posibilita a interconexión coa Plataforma de Intermediación do Estado autenticándose coa Cl@ve PIN, e non só co certificado dixital ou DNI electrónico, como se facía ata o de agora, e propicia a acreditación de representantes ou apoderados.
“Con todo isto acádase unha solución tecnolóxica que permite a recepción, identificación e seguimento de avisos, queixas ou suxestións e disponse dun taboleiro edictal único no que acceder a todas as publicacións locais oficiais”, apuntan fontes do Consistorio, salientando que amais de todo isto “posibilítase aos veciños, por exemplo, xestionar unha cita cun departamento ou edil da Corporación ou coa Alcaldía”.

Cartelería dixital

Pantalla na porta do Mercado Municipal
Pantalla na porta do Mercado Municipal
En canto ás accións de cartelería dixital, instaláronse seis pantallas de gran formato e alta resolución, tres interiores e tres exteriores, que serven para informar á cidadanía sobre diferentes asuntos municipais e tamén para difundir información emanada dos propios cidadáns. En concreto, os paneis interiores instaláronse na Casa do Concello, na entrada do Mercado Municipal e na entrada do Complexo Polideportivo da Fieiteira; e os exteriores, nas fachadas da Casa do Concello e da Sala Museo Municipal e na contorna da Oficinal Municipal de Turismo.
Trátase de paneis intelixentes e conectados en liña mediante un reprodutor multimedia de contidos capaz de transmitir fotos, vídeos, arquivos PDF, audio, redes sociais ou páxinas HTML, controlados mediante unha plataforma software de control e xestión de contidos instalada na nube.

Sistema de gravación e retransmisión de eventos

Elementos para a retransmisión de eventos dende o Pavillón da Fieiteira
Elementos para a retransmisión de eventos dende o Pavillón da Fieiteira
No marco destas actuacións tecnolóxicas, habilitouse tamén un innovador sistema de gravación e de retransmisión de eventos que funciona a través dun sistema de cámaras e elementos de son fixos instalados no Pavillón Municipal e no Campo de Fútbol da Fieiteira. Este sistema permite a realización e emisión de eventos de forma automática ou con realización manual e conta con sistema de control, xestión e axendado de eventos.
Actualmente, estanse a facer probas de gravacións de partidos que xogan equipos de Ribeira de diferentes categorías, como o Cidade de Ribeira C.F. ou o C.B. Baloncesto Barbanza. Estes encontros poderán verse na páxina web e na canle de YouTube do Concello.

Renovación da infraestrutura de telecomunicacións do Consistorio

Cargador de móbilos nos soportais da Casa do Concello
Cargador de móbilos nos soportais da Casa do Concello
En base ás necesidades do Concello de Ribeira en materia de comunicacións electrónicas e procesamento de datos (debido ao uso máis intensivo das TIC nos seus servizos), mellorouse a rede de cableado para facilitar o acceso ás tarefas de administración electrónica ao persoal do Concello e realizouse a adecuación do Centro de Procesamento de Datos (CPD) e o seu correcto dimensionamento e acondicionamento para que poida converterse no centro de control de todas as instalacións e servizos informáticos do Consistorio, cumprindo cos parámetros de calidade de servizo e de seguridade.
Amais, instaláronse cargadores para dispositivos móbiles (dous tipo USB e un de carga rápida ou quick charge) nos soportais da Casa do Concello, a disposición de todos os veciños.

Solucións para mellorar a seguridade viaria

Outra das actuacións que xa está adxudicada consiste na posta en marcha de mecanismos e solucións innovadores intelixentes que reduzan a siniestralidade de viandantes e ciclistas nos pasos de peóns. Ao abeiro desta liña de traballo propúxose a instalación de sinalización LED vertical e horizontal, balizas con paneis solares integrados, luminarias LED, elementos de detección de peóns, radares pedagóxicos con display LED e diferentes elementos de concienciación en materia de seguridade, na forma de pictogramas, en catro pasos situados na avenida da Coruña, no acceso a Ribeira dende Palmeira.

Investimento

Esta operación enmárcase na EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020 (MRA2020), financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) 2014-2020 (actualmente integrado no Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) FEDER 2014-2020).
En concreto, adscríbese á Liña de Actuación denominada A12 Modernización da Administración e Smart Village Ribeira, dentro do Obxectivo Temático 2 de Mellora do uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e o do seu acceso.
O investimento total previsto para esta actuación foi de 600.000 €, do cales 480.000 corresponden a fondos FEDER, mentres que os 120.000 € restantes son achegados polo Concello de Ribeira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?