Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG e a Xunta levarán o programa Navega con Rumbo a 240 centros de ensino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG e a Xunta levarán o programa Navega con Rumbo a 240 centros de ensino

S. P.
Publicado: 14/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

roman_rodriguez_e_fernando_suarez_na_sinatura_1.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia asinaron este 14 de marzo un convenio de colaboración para a realización de actividades de difusión e formación do programa Navega con rumbo. Trátase dunha iniciativa para promover o uso responsable e seguro das novas tecnoloxías que nesta nova edición chegará ao alumnado de 240 centros educativos da comunidade (ao abeiro da Estratexia de Educación Dixital 2030 da Administración autonómica). O acordo foi asinado polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, Román Rodríguez.
Fernando Suárez agradeceu á Consellería esta colaboración un ano máis, que cualificou como “unhas das accións máis bonitas que o CPEIG ten emprendido” e que xa foi distinguida pola Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) co Premio ás Boas Prácticas Educativas en Privacidade e Protección de Datos Persoais para un Uso Seguro de Internet polos Menores.
roman_rodriguez_e_fernando_suarez_na_sinatura.jpgO presidente do CPEIG explicou que, ademais, existen estudos como o de UNICEF España coa Universidade de Santiago (USC) e o Consejo de Colegios de Ingeniería Informática (CCII), Impacto da Tecnoloxía na Adolescencia. Relacións, riscos e oportunidades, que evidencian a necesidade de accións do tipo de Navega con Rumbo, destinadas a cubrir as necesidades educativas en seguridade en Internet. “Desde o CPEIG queremos ser un foro aberto, un lugar de referencia para atender as dúbidas tecnolóxicas da comunidade educativa”, engadiu Suárez.
Navega con rumbo chega á súa undécima edición cos seguintes obxectivos renovados e fortalecidos: guiar aos estudantes cara a unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede; e achegar recursos a profesorado e familias para facelos partícipes das recomendacións que poden aprender de xeito que tamén sexan transmisores para o alumnado.
O CPEIG realizará charlas de concienciacións, destinadas a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) de 5º e 6º curso de educación primaria, 1º curso da ESO e 1º curso de ciclos de formación profesional de grao básico dos centros seleccionados pola Consellería. Organizaranse 240 xornadas, dunha hora de duración, durante o curso escolar 2022-2023, que impartirán especialistas do CPEIG.
O Colexio desenvolverá unha nova web asociada ao proxecto na que se porá a disposición información de interese para a comunidade educativa á que está dirixida este programa. O CPEIG elaborará tamén unha Guía de Boas Prácticas en Internet para alumnado, profesorado e familias que estará dispoñible en soporte dixital e distribuirase, en formato impreso, nos centros educativos.
Desde que se puxo en marcha, a través do Navega con Rumbo leváronse a cabo máis de 2.000 accións formativas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?