Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña abrirá puntos de atención presencial para axudarnos nos trámites electrónicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña abrirá puntos de atención presencial para axudarnos nos trámites electrónicos

S. P.
Publicado: 15/03/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

deputacion_coruna_administracion_electronica_folla_de_ruta.jpgA Deputación da Coruña, a través dun novo plan de capacitación e impulso tecnolóxico (a Estratexia Dixital da entidade provincial), habilitará oficinas de atención presencial para facilitar á cidadanía os seus trámites electrónicos coas administracións. As localidades da Coruña e Betanzos contarán cos primeiros puntos de atención piloto, que contarán con persoal cualificado en Administración Dixital. Estas e outras medidas da Estratexia Dixital foron presentadas este martes 14 de marzo polo presidente provincial Valentín González Formoso.
O obxectivo desta folla de ruta, dixo, “é que a Deputación siga liderando a transformación dixital na provincia, afondando na inclusión tecnolóxica e aproveitando as oportunidades que supoñen tecnoloxías emerxentes como a Intelixencia Artificial, o Big Data ou os servizos na nube”
De feito, lembrou que “o último informe do Consello de Contas sitúa a entidade provincial coruñesa á vangarda na implantación da Administración Electrónica en Galicia”. E engadiu: “Esa posición de liderado non é casualidade, é froito de anos de traballo e dunha aposta clara e constante deste Goberno para que a administración dixital sexa unha realidade e chegue a todos os concellos e a toda a cidadanía da provincia”.
Na presentación da estratexia, Valentín González Formoso, compareceu en rolda de prensa xunto ao deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, e os responsables técnicos do servizo para presentar a Estratexia Dixital. Segundo explicou o presidente, a folla de ruta baséase en catro eixes: a accesibilidade dixital universal, a ciberseguridade, a mellora das infraestruturas dixitais e o proxecto Concello Dixital, que xa chega a 80 entidades da administración local da provincia.
Formoso explicou que a Deputación leva investido máis de 16 millóns de euros nos últimos cinco anos para impulsar a eAdministración tanto na Deputación coma nos concellos coruñeses “co obxectivo fundamental de achegar a administración á cidadanía, facilitar calquera trámite e axilizar a tramitación de expedientes”. Este proceso, engadiu, supuxo “un importante aforro económico para a cidadanía, que a Deputación da Coruña estima en 50 millóns de euros”. O presidente sinalou tamén que, a través da Oficina do Dato, e no marco dunha estratexia europea, a Deputación traballa actualmente no aproveitamento das novas oportunidades que supoñen as tecnoloxías emerxentes como a Intelixencia Artificial, o Big Data, a Internet das Cousas (IoT) ou os servizos na nube, que proporcionan “maior eficiencia, anticipación e axilidade na tramitación”.
As oficinas
deputacion_da_coruna_estratexia_dixital_administracion_electronica.jpg Formoso destacou que unha das liñas de acción da Estratexia Dixital da Deputación é “combater a fenda dixital para garantir que todo o mundo, incluíndo as persoas máis maiores ou as que carezan de coñecementos, recursos ou aparellos dixitais, poidan acceder en igualdade de condicións aos beneficios da Administración Electrónica”. Para fomentar a inclusión tecnolóxica, dixo, “abriremos puntos de atención presencial sen cita previa onde todas as persoas que o precisen podan acceder a calquera servizo dixital da administración pública co apoio de persoal cualificado”. Segundo engadiu, “non só porán o foco nos trámites relacionados coa Deputación da Coruña, senón nos de calquera outra administración”, explicou Formoso, que avanzou que a idea do Goberno provincial é “replicar despois a iniciativa noutros concellos que así o demanden coa súa colaboración”. Do mesmo xeito, a Deputación seguirá potenciando a formación en competencias dixitais da cidadanía e dos empregados públicos de tal forma que melloren a súa adaptación á nova sociedade dixital.
Ciberseguridade e infraestruturas dixitais
Valentín González Formoso destacou que outro dos retos da Administración provincial é a ciberseguridade. “A Deputación leva desde 2015 traballando na adecuación dos seus sistemas informáticos ao Esquema Nacional de Seguridade, que proporciona ao sector público un marco de acción común para facer fronte ás ciberameazas” e é, dixo, “unha das tres primeiras deputacións de España con catro sistemas certificados polo Centro Criptográfico Nacional”. Ao fío do devandito, destacou que a Deputación conta co seu propio Plan de Ciberseguridade e cunha oficina técnica para apoiar os concellos neste eido e axudalos a conseguir a certificación dos seus sistemas no ENS, así como para seguir adecuando os sistemas da Deputación a este protocolo nacional.
Infraestruturas e Concello Dixital
Pola súa banda, o deputado Antonio Leira explicou que no eido das infraestruturas dixitais, a Deputación investiu preto de 2,6 millóns nos últimos anos en adquirir equipamentos e infraestruturas para mellorar a dixitalización dos concellos e da propia Deputación, creando “un ecosistema dixital resiliente e con capacidade para os novos servizos e canles dixitais”. Leira explicou tamén que a Deputación investiu máis de 12 millóns de euros para impulsar o plan Concello Dixital, a aposta do Goberno provincial para fomentar o uso da Administración Electrónica nos concellos, que suma xa 80 entidades locais adheridas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?