Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Expertos en transformación dixital de R participan en Madrid co prestixioso congreso Data4Insurance
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Expertos en transformación dixital de R participan en Madrid co prestixioso congreso Data4Insurance

S. P.
Publicado: 16/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

r_alberto_diaz_data4insurance.jpgO congreso Data4Insurance, que organiza Big Data Magazine (publicación especializada en temas de IA e datos) desenvolverase este xoves 16 de marzo a partir das 15:30 h no madrileño auditorio La Matriz. Alí, expertos da operadora de orixe galega R. xunto a especialistas de toda España. ofrecerán o seu coñecemento, visión estratéxica e experiencia relativas ás aplicacións da Intelixencia Artificial no sector dos seguros.
Adrián Bertol, responsable de vendas de IA e Analítica de R, incidirá no momento clave que afrontan hoxe en día as empresas de seguros: “Dispoñen de datos con moito valor e aínda non é tarde para que comecen a usalos, mais corren o risco de non ser tan competitivas se non implantan unha estratexia de uso do dato xa. As principais aseguradoras xa o fixeron”.
Pola súa banda, Alberto Díaz Freire, responsable de Alianzas e Transformación Dixital de empresas de R participará na mesa redonda sobre a Automatización do uso de modelos de Machine Learning no sector seguros, xunto a expertos das aseguradoras Santalucía e Verti. Díaz Freire falará das vantaxes do AutoML (Auto Machine Learning), que lles permite ás pemes desenvolver para elas un sistema propio de IA preciso, seguro e rendible, porque con el evítase o investimento en infraestruturas e en persoal especializado que ata hai pouco era imprescindible nestes negocios de menor tamaño. “A Intelixencia Artificial xa é unha ferramenta clave no sector asegurador para xerar pancas impulsoras dun negocio máis competitivo e diferencial no mercado”, comenta o experto en Transformación Dixital de R, que defende tamén a “necesidade de implantar modelos de IA aplicables a toda a cadea de valor da empresa e realizar deles un seguimento exhaustivo e transversal en todas as áreas: comercialización, marketing, operacións, posvenda…etc.”
En Data4insurance falarase polo tanto de funcionalidades e aplicacións da IA que lles permitirán ás compañías resolver algunhas das súas preocupacións principais como negocios onde todo pivota arredor dos riscos e as garantías; de aí a transcendencia da aprendizaxe automatizada no sector seguros.
O auditorio deste evento presencial e divulgativo serán, por tanto, profesionais do dato e a Intelixencia Artificial do sector seguros. Haberá catro mesas redondas que abordarán os temas da automatización do uso da Aprendizaxe Máquina (Machine Learning); ata que punto poden revolucionar este sector asegurador estas novas tecnoloxías disruptivas baseadas na análise, xestión e compresión da información inxente; cales son as claves do tratamento dos datos (goberno e cultura) nas compañías aseguradoras e, finalmente, como artellar ética e transparencia nas decisións do algoritmo en seguros.
Masmovil, grupo no que se integra R, patrocina o congreso Data4Insurance, onde participarán compañías do sector asegurador de primeiro nivel como Santalucía, Verti, Mapfre, Aegon ou Nationale-Netherlanden, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?