Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia regulará a Intelixencia Artificial na Administración autonómica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia regulará a Intelixencia Artificial na Administración autonómica

S. P.
Publicado: 16/03/2023
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

galicia_intelixencia_artificial_marco_regulatorio_universidades.jpgA Xunta anunciou este 16 de marzo importantes medidas para regular o emprego da Intelixencia Artificial no ámbito público. O conxunto de normas apóiase nun informe elaborado polas tres universidades públicas galegas sobre o marco ético e normativo para o desenvolvemento desta tecnoloxía. Os detalles da iniciativa foron dados a coñecer polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, na presentación do dito estudo (o Marco ético normativo e adopción da Intelixencia Artificial (IA) en Galician). O acto contou coa participación dos reitores das tres universidades: Antonio López (Santiago de Compostela); Julio Abalde (A Coruña) e Manuel Reigosa (Vigo).
Miguel Corgos sinalou que “a Intelixencia Artificial é unha responsabilidade compartida e que desde esta posición se poden afrontar mellor os retos relacionados coa especialización da sociedade galega en tecnoloxías e a forma na que se aplican, tendo sempre en conta o benestar das persoas e o desenvolvemento social e económico”. Neste marco, lembrou que “a comunidade galega foi a escollida para acoller a primeira Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial, a AESIA, que estará na Coruña”.
Na súa intervención, o conselleiro fixo fincapé nas preocupacións da Administración relativas á utilización das tecnoloxías intelixentes de xeito que cumpran os criterios éticos e normativos máis esixentes: “Que a administración sexa cada vez máis eficiente, a través automatización de procesos, robotización ou minería de datos; que avance na mellora dos servizos que se ofrecen á cidadanía, cada vez máis personalizados, a través de tecnoloxías de xestión intelixente do dato e novos modelos de procesamento, almacenamento ou servizos na nube; e que e faciliten as relacións entre a cidadanía e a administración, mediante o desenvolvemento de asistentes virtuais e novas ferramentas para dispositivos móbiles”. Sen esquecer, engadir, “garantir o acceso aos servizos das persoas sen habilidades dixitais, a través de figuras como a do apoderado ou o funcionario habilitado”.
Marco ético normativo e adopción da IA en Galician
Expertos das tres universidades destacaron na presentación que “hai marxe para que os Estados e as comunidades autónomas reforcen os obxectivos da lexislación europea sobre Intelixencia Artificial, incluso dende antes da súa entrada en vigor”. Neste sentido, inciden en que “nada impide que a comunidade autónoma regule xa a utilización das tecnoloxías baseadas en IA polo propio sector público autonómico e, no seu caso, polas entidades locais galegas”. Tampouco hai impedimento, engadiron, a que “a comunidade autónoma poida desenvolver unha política propia de fomento do desenvolvemento de tecnoloxías baseadas na IA”. Porén, advirtiron de que “está xurdindo un mosaico de normas nacionais con posibles diverxencias que entorpecerá a circulación fluída na UE de produtos e servizos asociados a sistemas de Intelixencia Artificial e non garantirá de maneira efectiva a seguridade e a protección dos dereitos fundamentais e os valores comunitarios”.
Esta é unha das conclusións do estudo presentado este xoves 16 de marzo na Cidade da Cultura, promovido pola Xunta e elaborado por equipos multidisciplinares das tres universidades públicas galegas.
Este informe, sinalouse, “é o primeiro elaborado nunha comunidade autónoma española para afrontar os retos para unha IA fiable a acorde cos valores humanos que promove a Unión Europea”.
Previamente á presentación do estudo desenvolveuse un espazo de diálogo sobre O papel da linguaxe para unha IA ética e fiable no que participaron o catedrático de Teoría da Literatura, Darío Villanueva, e o director do Foro de Humanismo Tecnolóxico de ESADE, José María Lassalle. O debate foi moderado polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño.
O estudo foi presentado polo catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, Luis Miguez; a catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, Amparo Alonso, e o profesor titular de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, Alberto Vaquero.
Entre as conclusións do traballo, os autores destacan que “para estudar escenarios de regulación da IA en Galicia resulta recomendable seguir activamente os acordos e avances da AI Act (Lei europea de IA) de cara a situarse como pioneiros na aplicación que corresponda e lograr aliñarse para impulsar o mercado único europeo e crear oportunidades claves en torno ao desenvolvemento e uso da IA en Galicia”. Sinalan, así mesmo, que “as empresas galegas contan con certas vantaxes, como as derivadas da existencia dunha clara aposta da Xunta pola IA, materializada nunha estratexia formal, e a implantación de graos universitarios neste ámbito de formación”.
O estudo artellouse en torno a tres aspectos: o marco lexislativo da IA, a identificación das claves do éxito na adopción da IA no mundo e un sistema de indicadores para Galicia, e a análise da situación actual da adopción da IA en Galicia e recomendacións para o seu impulso.
En canto ao sistema de indicadores proposto, os expertos tomaron como referencia a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial e os datos dispoñibles a través do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA). Entre os aspectos de análise atópanse as conexións da rexión coas principais redes de intelixencia artificial; a formación e adaptación do capital humano e da poboación; o desenvolvemento das condicións necesarias para o desenvolvemento da IA: administracións públicas, empresas e sectores estratéxicos; e o apoio dende os axentes do ecosistema de innovación galego e a súa aportación á evolución social e económica de Galicia.
O estudo pode consultarse na web de AMTEGA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?