Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC recibe o Premio Nacional de Enxeñería Informática por Talentos Inclusivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC recibe o Premio Nacional de Enxeñería Informática por Talentos Inclusivos

S. P.
Publicado: 17/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

foto_1_premio_citic_udc.jpgEste xoves 16 de marzo facíase entrega na Real Academia de Enxeñaría en Madrid por parte do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría de Informática de España do Premio Nacional na categoría Humanismo e Compromiso Social a Talentos Inclusivos, o programa colaborativo posto en marcha polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC), e ASPACE Coruña (Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral de A Coruña).
Segundo o director do CITIC, Manuel F. González Penedo, que recolleu onte o premio: “Talentos Inclusivos é un chamamento dobre. Por unha banda, ao talento e ás vocacións científicas no ámbito das TIC de estudantes de ESO e Bacharelato e, pola outra, á darlle visibilidade á discapacidade, atendendo algunhas demandas en materia tecnolóxica, neste caso particular ás das persoas usuarias de ASPACE Coruña”.
foto_2_premio_citic_udc.jpgO programa Talentos Inclusivos é un proxecto posto en marcha polo CITIC da Universidade da Coruña e ASPACE Coruña e que conta co apoio do Consello Social da UDC, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Innovación, a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña. Como novidade, durante este curso escolar, o proxecto, centralizado ata o de agora na provincia coruñesa, estendeuse a toda Galicia ao contar coa participación do alumnado de Ourense. As rapazas e rapaces (máis de 200 na edición 2022-2023) traballan xunto coas persoas usuarias de ASPACE Coruña para buscar solucións tecnolóxicas a necesidades tales como a fabricación dun pulsador para abrir a porta principal, un sistema anticolisión para cadeiras de rodas ou xogos tradicionais adaptados.
Alén do CITIC os Premios Nacionais de Enxeñaría en Informática tamén quixeron recoñecer o traballo de Asunción Gómez-Pérez, vicerreitora da Universidade Politécnica de Madrid, recentemente elixida como Cadeira Q da Real Academia Española (RAE). Entre os seus méritos atópase o seu gran labor na adaptación da lingua española á intelixencia artificial. Tamén recibiu o galardón Mario Piattini, enxeñeiro informático, polo seu papel tan relevante na investigación na enxeñaría de software e de sistemas.
Pola súa banda, a app O meu #Cartafol Cidadán, levada a cabo polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital fíxose co galardón a Mellor Proxecto Público, mentres que o labor de ArcelorMittal foi merecedor do Mellor Proxecto Privado. Na categoría de Divulgación Dixital, Karina Gibert conseguiu o premio, mentres que o despacho de peritos informáticos de Eugenio Picón foi o gañador do premio Empresa Ética. Completa a listaxe de galardoados Conxi Pérez Andreu, que consegue o premio Emprendemento, persoa emprendedora, mentres que OK Ticket leva ese mesmo galardón na Modalidade de Empresa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?