Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O IGFAE participa na elaboración do catálogo interactivo con 100 dos raios cósmicos máis enerxéticos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O IGFAE participa na elaboración do catálogo interactivo con 100 dos raios cósmicos máis enerxéticos

S. P.
Publicado: 20/03/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

imagen_1_evento_17-pierre_auger_collaboration.jpgO Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IFGAE) é unha das entidades participantes dun proxecto internacional para a elaboración dun catálogo interactivo dos raios cósmicos. O labor dos investigadores galegos consistiu en recompilar, reconstruír e analizar estes eventos a través dos datos xerados polo Observatorio Pierre Auger (Arxentina), o maior detector destes fenómenos dos que están operativos no mundo. O catálogo interactivo, dispoñible en opendata.auger.org achéganos neste intre aos 100 raios cósmicos máis enerxéticos xamais destacados.
Misterio por resolver
Segundo informan dende o IFGAE, un dos grandes misterios en astropartículas é saber como unha partícula, na súa viaxe polo cosmos de centos de millóns de anos luz cara á Terra, pode ser acelerada cunha enerxía ata dez millóns de veces superior á que alcanzan os protóns no acelerador de partículas máis potente do mundo, o Gran Colisionador de Hadróns (LHC) do CERN. Para estudar estes raios cósmicos e esclarecer os mecanismos de aceleración, propiedades e a fonte que os orixina, existen observatorios como Pierre Auger, en Arxentina, cuxa colaboración internacional publicou recentemente un traballo en The Astrophysical Journal Supplement Series cos 100 raios cósmicos máis enerxéticos xamais detectados neste detector entre 2004 e 2020. O artigo compleméntase cun catálogo en liña que permite explorar de forma sinxela e interactiva as súas características, direccións de chegada á Terra ou os detectores que os observaron.
Un raio cósmico
imagen2_auger_evento_17.jpg Os investigadores do IFGAE explican que un raio cósmico é “unha partícula, a maioría protóns ou núcleos máis pesados, que cando chega á atmosfera e interacciona con ela produce unha chuvia de partículas secundaria, a modo de fervenza, que abarca unha extensión xigantesca”. Os raios cósmicos máis enerxéticos, con enerxías por encima e ao redor de 1 exaelectronvoltio (1 EeV = 1018 eV), viaxan a unha velocidade próxima á da luz e os de enerxías máis elevadas son tan escasos que apenas chegan á Terra tres ou catro por quilómetro cadrado cada século. Por iso se necesitan detectores que cubran áreas enormes como o Observatorio Pierre Auger en Mendoza (Arxentina), o máis preciso e grande do mundo, abarcando unha superficie de 3.000 km2, comparable á extensión de Mallorca.
O Auger conta cun sistema híbrido de detectores. Por unha banda, 1.600 tanques (puntos grises da imaxe 2) de auga altamente purificada observan unha luz azulada, denominada luz Cherenkov, que se produce cando as partículas atravesan a auga a velocidades superiores á da luz neste medio. Doutra banda, 24 telescopios de fluorescencia (cadrados grises da imaxe 2) recollen a luz emitida polas moléculas de nitróxeno da atmosfera ao ser excitadas cando os raios cósmicos a atravesan. Con este sistema híbrido pódese determinar a enerxía e dirección de chegada de cada raio cósmico primario e calcular as súas masas.
Reconstrución de chuvias de partículas inclinadas
O equipo do IGFAE que participou neste traballo é experto na reconstrución de chuvias de partículas moi inclinadas e desempeñou un papel crucial na recompilación, reconstrución e análise dos eventos incluídos no catálogo. As chuvias inclinadas, compostas principalmente por muóns ao nivel do chan e diferentes de analizar, son importantes para identificar os neutrinos extremadamente enerxéticos de entre todas as partículas cósmicas que bombardean a Terra e achegan información para saber que obxectos cósmicos orixinan os raios cósmicos primarios. O evento inclinado máis enerxético do catálogo corresponde ao número 17, cun ángulo cenital de 77,2 graos e 117 EeV, producindo sinal en 75 detectores de auga-Cherenkov ao longo de 35 km. O evento máis enerxético xamais detectado en Auger, o número 1, rexistrouse o 10 de novembro de 2019 cunha enerxía de 166 EeV e un ángulo de 58,6 en 34 detectores. O catálogo tamén inclúe nove eventos moi enerxéticos que se utilizaron para calibrar e determinar a enerxía dos raios primarios.
“O estudo desta radiación extremadamente enerxética”, apunta Jaime Álvarez Muñiz, un dos autores do IGFAE asinante do traballo, “é moi relevante para identificar as fontes de raios cósmicos máis extremas e violentas do universo, que é posible que acaden súa enerxía alimentándose de obxectos como buracos negros supermasivos. Na actualidade, o Observatorio atópase nunha fase de actualización denominada AugerPrime na que se están instalando detectores de escintilación na parte superior dos detectores de superficie para mellorar os estudos sobre a composición de masa dos raios cósmicos de ultra alta enerxía”.
O Observatorio é operado pola Colaboración Pierre Auger, na que traballan máis de 400 científicos, enxeñeiros e técnicos de máis de 90 institucións en 18 países. O IGFAE da Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Granada, que tamén participou na análise destes eventos, son as únicas institucións españolas. Os investigadores do IGFAE que contribuíron na elaboración do catálogo son Jaime Álvarez Muñiz, Juan Ammerman Yebra, Lorenzo Cazón Boado, Marvin Gottowik, Miguel Alexandre Martins, Gonzalo Parente Bermúdez e Enrique Zas Arregui.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?