Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago adxudica a Telefónica a ampliación do seu sistema de protección informática avanzada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago adxudica a Telefónica a ampliación do seu sistema de protección informática avanzada

S. P.
Publicado: 20/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

teclado-computadora-traballando-2.jpgO Concello de Santiago informou da adxudicación do contrato para ampliar a solución de protección informática avanzada (EDR, siglas de Endpoint Detection and Response) á empresa Telefónica, por un importe de 47.074,45 euros, que contempla un sistema de detección e resposta de ciberameazas para os 850 equipos de usuario da Administración local, tanto fixos como móbiles. A contratación do sistema abranguerá un período de cinco anos.
Segundo explican fontes do Consistorio, a solución EDR consiste na instalación dun software nos 850 equipos informáticos dos funcionarios conectados á rede de datos do Concello de Santiago de Compostela para posteriormente poder monitorizar de forma continua a actividade dos propios equipos.
O EDR, unha vez instalado nos equipos, mediante o módulo de detección emitirá, de forma automática, unha alerta ante calquera comportamento non habitual ou sospeitoso dos mesmos. Amais, procederá de forma automática e mediante o módulo de resposta a illar o equipo da rede de datos do Concello e a intentar atallar a incidencia reportada.
O EDR, engadiu o Concello, “non permitirá que ningún equipo este conectado ou sexa reconectado a rede de datos ata que o propio EDR non confirme que non existe ningún risco para o resto de usuarios nin para a infraestrutura informática do Concello”.
Esta solución tamén formará parte do recentemente creado Centro de Operacións de Seguridade (SOC) do Concello de Santiago de Compostela. Calquera alarma que poida xerar o EDR será trasladada, sen interacción manual, ao SOC onde se analizará con mais detalle o alcance da alerta en función da experiencia obtida a través da Rede nacional de SOCs da que forma parte o Concello.
“Coa súa adquisición e implantación o EDR convértese nunha ferramenta indispensable da infraestrutura de ciberseguridade do Concello e contribúe a consolidar o plan de seguridade da información posto en marcha coa recente implantación do Centro de Operacións de Seguridade”, explicaron fontes do Consistorio, engadindo que esta contratación é froito do financiamento acadado a través do programa Next Generation da Unión Europea e do Convenio de Colaboración para a Implantación de Solucións de Ciberseguridade asinado no pasado mes de decembro coa Axencia para a Modernización Telefónica de Galicia (AMTEGA).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?