Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME fórmanos en Google Adwords, redes privadas virtuais e técnicas de mercadotecnia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME fórmanos en Google Adwords, redes privadas virtuais e técnicas de mercadotecnia

S. P.
Publicado: 20/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme_900x600.jpgA Deputación de Pontevedra, a través da iniciativa de formación tecnolóxica SmartPEME, oferta cinco novas accións formativas para esta semana laboral do 20 ao 24 de marzo, enmarcadas na súa carteira de obradoiros online e presenciais para persoas autónomas e emprendedoras, pequenas e medianas empresas e cidadanía en xeral. As accións tratarán temas como o uso da VPN (redes privadas virtuais), liderado feminino no sector turístico, campañas con Google Adwords, eventos en liña ou técnicas de mercadotecnia (marketing).
Os obradoiros darán comezo este luns 20 pola mañá, con Ciberseguridade, o uso da VPN, que ten por obxectivo fomentar o uso das VPN, xustificando as razóns para empregala e o modo en que o seu uso protexe ás usuarias e aos usuarios. A formación estará impartida por Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D.
O martes 21 a partir das 17:00h impartirase Liderado feminino no sector turístico, un obradoiro presencial que se levará a cabo no punto SmartPEME de Pontevedra (no salón de actos da segunda planta no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra). Esta iniciativa constará de dúas partes comezando, en primeiro lugar, coa charla de Mar Rodríguez, directora e xerente de Teetravel, e, a continuación cun networking aberto a todas as persoas asistentes.
O mércores 22 pola mañá, a graduada en Publicidade e Relacións Públicas, Laura Carrera, impartirá o obradoiro Google Adwords, como entendelo e crear campañas eficaces I. Esta formación dará resposta á importancia para os negocios de saír como resultado das procuras en Google e afondará en Google Ads, un programa de publicidade en liña de Google co cal se poden crear anuncios para alcanzar o público obxectivo e traballar o posicionamento SEM.
A semana lectiva rematará o xoves 23 con dúas accións formativas. Na quenda da mañá, de novo Manuel Freire dirixirá o curso Como emitir o teu evento en liña de xeito profesional III, centrado na mellora dos eventos en liña que se levan a cabo e da difusión do seu contido e, en xeral, de calquera comunicación empresarial en liña.
Pola tarde Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas, impartirá Técnicas de márketing para a promoción de Tours e Experiencias, dirixido a empresas turísticas que inclúen diversos servizos de ocio e entretemento para viaxeiros, turistas e para a poboación local.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?