Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN reivindica en Lugo as posibilidades de transformación empresarial dos Bonos de Innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN reivindica en Lugo as posibilidades de transformación empresarial dos Bonos de Innovación

S. P.
Publicado: 21/03/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20230321gainbiobocado1.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, visitou na mañá deste martes 21 de marzo a sede da empresa lucense Biobocado, adicada á comida ecolóxica de proximidade, de tempada e saudable para levar. Alí puido coñecer polo miúdo o proxecto de innovación realizado co apoio da Xunta de Galicia a través da convocatoria de Bonos de Innovación 2022.
En concreto, a autónoma Noelia Ron (responsable de Biobocado) recibiu unha axuda de 40.000 euros para a contratación de servizos externos para o desenvolvemento dun produto de pastelaría saudable sen glute e vegano, formulado a partir de ingredientes naturais.
A directora da Axencia Galega de Innovación destacou que precisamente o obxectivo dos Bonos é incorporar por primeira vez a innovación na estratexia de pemes e micropemes a través da contratación de servizos externos que contribúan á transformación dos negocios beneficiados.
Segundo dixo, “das 66 pemes e microempresas beneficiarias en 2022, un 83% foron micro e pequenas empresas e un 67% foi a primeira vez que recibían axudas da Axencia Galega de Innovación”.
A edición de 2023 de Bonos de Innovación conta cun orzamento de 750.000 euros, cos que se prevé mobilizar máis dun millón, co obxectivo de impulsar os primeiros pasos para innovar nas microempresas e pemes.
Entre as principais novidades desta convocatoria están a seguintes: a ampliación dos posibles beneficiarios ás entidades do terceiro sector e o incremento das actividades obxecto de axuda, incluíndo actuacións de deseño ou as bonificacións de persoal investigador.
Ademais, para axilizar a tramitación apóstase por unha maior simplificación administrativa e o prazo de solicitude é de dous meses, ata o vindeiro 10 de abril. Por último, as entidades localizadas nos Concellos Emprendedores da Xunta de Galicia contarán con puntuación adicional segundo os criterios de baremación.
Tres liñas
20230321gainbiobocado2.jpg Este ano continúan as tres liñas de apoio do ano anterior e as pemes poden solicitar todas as liñas ou unicamente algunha delas segundo as súas necesidades.
A liña 1 está destinada a aqueles gastos para innovar ou levar a mercado as innovacións das pequenas ou microempresas, como custos de protección do coñecemento da innovación industrial nas empresas, custos da mellora na xestión da innovación e vixilancia tecnolóxica e custos das accións estratéxicas para desenvolver novos produtos, procesos e servizos. O ano pasado a través desta liña mobilizáronse máis dun millón de euros de custo en innovación nos beneficiarios.
Doutra banda, unha segunda liña facilita a tramitación das deducións fiscais relativas á I+D+i, de feito os beneficiarios de 2022 certificaron custos en innovación por máis de 2,5 millóns de euros. A convocatoria deste ano, coma novidade, inclúe tamén a xestión das bonificacións de persoal investigador.
Por último, a través da terceira liña, que permite tramitar axudas estatais ou europeas de I+D+i, as empresas que foron apoiadas captaron máis de 4 millóns de euros, “o que supón un retorno de 50 euros por cada euro investido pola Xunta”, informaron fontes de GAIN.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?