Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Once medios dixitais galegos xa contan co selo NRede do CPXG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Once medios dixitais galegos xa contan co selo NRede do CPXG

S. P.
Publicado: 21/03/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

63c6d6ba50-presentacion_nrede.jpgO proxecto NRede, Rexistro de Medios Dixitais Galegos posto en marcha en febreiro polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) para pór en valor os medios dixitais galegos, comeza a identificar os espazos con contidos xornalísticos a través do selo de seu (o selo NRede). Así, once cabeceiras galegas xa contan arestora coa certificación que garante que a súa información “é froito dun traballo profesional”, segundo acredita do selo. Os medios interesados en ser incluídos no rexistro poden solicitar a súa inscrición a través da páxina web do Colexio.
NRede, como lembraremos, ten o obxectivo e garantir e reivindicar o traballo xornalístico, facilitar a identificación dos medios dixitais galegos ante a sociedade e, ao tempo, facilitar a súa acreditación ou acceso a axudas públicas.
Nas últimas semanas, o rexistro recibiu as primeiras solicitudes e emitiu os selos que identifican xa a once cabeceiras como medios de comunicación con criterios xornalísticos no eido dixital.
Os primeiros once medios incluídos no rexistro dos medios dixitais galegos son Galicia Confidencial, Galiciapress, GCDiario, Lugo Xornal, Mundiario, Pontevedra Viva, Praza Pública, Tempos Dixital Xornal da Mariña, Xornal de Lemos e Xornal de Vigo. Todos eles, salienta o CPXG, “cumpren cos requisitos que garanten que son espazos de comunicación con contidos xornalísticos, con información froito dun traballo profesional e que respecta a deontoloxía do xornalismo”. Ademais, dan boa conta da pluralidade do xornalismo dixital galego, ao representaren distintos enfoques comunicativos e cubriren boa parte da xeografía da nosa comunidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?