Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae organiza entre abril e maio a nova edición do seu curso sobre testeo avanzado con Cypress
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae organiza entre abril e maio a nova edición do seu curso sobre testeo avanzado con Cypress

S. P.
Publicado: 21/03/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cypress_testing-2.jpgA consultora Vitae tennos deparada esta primavera que vén de comezar unha máis que completa axenda formativa e capacitadora para mellorar a nosa excelencia profesional, actualizar coñecemento innovador e tecnolóxico e mellorar, en última instancia, a calidade e a competitividade dos nosos produtos tecnolóxicos. Na destacada axenda de cursos para estes meses atopamos a nova edición (a cuarta) do Curso sobre Testing e2e avanzado con Cypress. Desenvolverase novamente en formato de aula virtual e incluirá 12 horas de formación. Celebrarase os días 25 e 27 de abril e 2 e 4 de maio de 2023. Consiste nunha proposta formativa para que sexamos quen de facilitar, axilizar, simplificar e rendibilizar o noso traballo como desenvolvedores TIC.
En palabras da consultora galega, estamos ante unha oportunidade para automatizar unha parte fundamental do noso traballo: as probas de aplicacións web. Seguindo Vitae, é nese punto onde comeza a garantía de calidade dun proxecto.
O curso pon o foco en Cypress, un recurso do que podemos botar man para definir e executar os tests de maneira cómoda e sinxela.
Os obxectivos desta actividade formativa son configurar e executar probas con Cypress, simular interaccións de usuario complexas, traballar con servizos de datos remotos e integrar ferramentas.
O curso sobre testing avanzado con Cypress está dirixido principalmente a programadores de aplicacións web con experiencia. É válido para Angular, ASP.net, Java, PHP, React ou Vue, entre outros recursos. Impartirase en modalidade de aula virtual con clases en directo.
O formador será Alberto Basalo, enxeñeiro técnico en Informática con dúas décadas de experiencia como analista programador, xefe de proxectos e formador en pequenas e grandes empresas. Basalo é, a día de hoxe, socio director de AgoraBinaria e consultor asociado a Vitae Consultores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?