Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: José Miñones anuncia que a totalidade do rural galego terá conexión a Internet ultrarrápida
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

José Miñones anuncia que a totalidade do rural galego terá conexión a Internet ultrarrápida

S. P.
Publicado: 22/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

minones_ponteceso_banda_larga_unico_rural_demanda_delegado.jpgO delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, anunciou en Ponteceso que o Goberno asegurará a conexión a Internet de alta velocidade en todas as zonas rurais de Galicia grazas ao novo plan que aprobou o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital no marco do Plan de Recuperación. Trátase do Programa Único Demanda Rural, cuxo obxectivo é universalizar o acceso á banda larga no cento por cento do territorio galego. Así o avanzou o delegado nunha reunión con veciños e veciñas de Ponteceso na que tamén participou o alcalde, Lois García Carballido.
A contratación do servizo nestas zonas estará bonificada polo Goberno, “para protexer a cohesión social e territorial”, explicou, engadindo que “a conectividade é un elemento básico para garantir a supervivencia dos pequenos concellos; é unha arma contra o despoboamento”. Miñones tamén avanzou que as persoas que contraten este servizo en remotas e pouco poboadas do territorio contará cunha bonificación do Goberno para facelo accesible.
O Goberno adxudicou de maneira provisional á empresa Hispasat a extensión da banda larga vía satélite a todas as zonas rurais. Esta actuación forma parte do Plan Único, financiado con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e conta con orzamento tanto para a configuración do servizo como para sufragar o custo alta do usuario final.
A través deste plan, Hispasat despregará mediante tecnoloxía satelital as infraestruturas precisas para prover de conectividade ultrarrápida ás zonas de toda España nas que non hai cobertura con tecnoloxía fixa a un mínimo de 50 Mbps e proporcionará un servizo alcanzable de polo menos 100 Mbps ata o 31 de decembro de 2027.
Este servizo prestarao ata o 31 de decembro de 2027 a un prezo fixo de 35 euros mensuais para o usuario final.
Co Plan Único Demanda Rural, o Goberno complementa o avance en conectividade xa realizado en Galicia grazas ás dúas convocatorias resultas do Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión (Único-Banda Larga). No municipio de Ponteceso, o Plan Único leva a conexión a internet de alta velocidade a 472 vivendas e empresas. O obxectivo do Goberno é que, xa neste ano 2023, o 95% da poboación teña acceso a internet de alta velocidade, chegando ao 100% no ano 2025.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?