Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Ribeira acolle este luns 27 unha xornada sobre transformación empresarial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Ribeira acolle este luns 27 unha xornada sobre transformación empresarial

S. P.
Publicado: 23/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

camara_comercio_santiago_xestion_do_cambio_ribeira.jpgEste luns 27 de marzo a Aula CeMIT de Ribeira vai acoller unha xornada formativa e divulgativa sobre transformación tecnolóxica e sobre novos xeitos de emprender e traballar: métodos colaborativos, innovadores, competitivos e renovadores. A cita vén da man da Cámara de Comercio de Santiago. Desenvolverase baixo o seguinte epígrafe: Como podo levar a cabo a transformación dixital da miña empresa? Xestión do cambio para a dixitalización. A cita será este luns 27 na Aula CeMIT de Ribeira, de 17.00 a 19.00 horas.
Esta xornada enmárcase dentro do obxectivo xeral da Cámara de impulsar un espazo de incubación e aceleración (o seu Centro de Coworking) para mellorar a competitividade e incrementar a produtividade das empresas, a través do fomento da transformación dixital das persoas emprendedoras, autónomas e pemes ofrecendo instalacións, equipamento tecnolóxico, e servizos avanzados para os proxectos incubados, que promovan a incorporación das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), a dixitalización, a innovación e a internacionalización no plan de negocio.
Entre os obxectivos específicos do Coworking da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela cabe salientar os seguintes: potenciar o uso de ferramentas dixitais para as persoas emprendedoras e micropemes fomentando un entorno colaborativo; potenciar o uso e manexo da análise da información a gran escala (Big Data) e crear plataformas dixitais competitivas; facilitar que os sectores produtivos entendan o proceso de transformación dixital, o demanden e leven á práctica; fomentar a implantación de tecnoloxías na nube; mellorar a competitividade das empresas a través do comercio online e o uso de canles dixitais e favorecer o incremento da adopción de solucións TIC de xestión empresarial (ERP, CRM, SCM…).
Segundo explica a entidade cameral compostelá nun plano máis detallado, a xornada ten como obxectivo “aprender a xestionar a implementación dos procesos de transformación dixital con éxito, e coñecer os seus beneficios e impacto no negocio”. Tamén se busca botar luz sobre os aspectos clave para que a transformación dixital da empresa supoña un éxito dentro da organización, e o deseño de estratexias para a xestión do cambio na organización ante a implementación dun proceso de transformación dixital.
Vai dirixida a persoas emprendedoras, persoas autónomas, pemes, micropemes e empresas do Barbanza.
O formato da xornada será presencial. A persoa encargada de impartir os contidos será Pablo López, experto en transformación e innovación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?