Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno impulsa a dixitalización en sete concellos galegos a través de Rural TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno impulsa a dixitalización en sete concellos galegos a través de Rural TIC

S. P.
Publicado: 24/03/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

rural_tic_ineco.jpgO Goberno de España está a impulsar a dixitalización en sete concellos de reto demográfico de Galicia a través do programa Rural TIC, impulsado pola compañía pública INECO, dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. O presidente da compañía, Sergio Vázquez; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa de Trabada, Mayra García, asistiron na mañá deste venres 24 de marzo a un dos obradoiros de dixitalización.
Isabel Rodríguez detallou que este compromiso comprende a dotación de tecnoloxías de acceso a internet, a través do programa Único-Banda Larga de extensión de fibra óptica, e o máis recente Único-Demanda Rural, de acceso por satélite en zonas remotas. Neste ámbito, a subdelegada tamén destacou o programa A Administración preto de ti, a través do cal persoal da Subdelegación do Goberno percorre os municipios de Lugo formando á súa cidadanía nos servizos dixitais da Administración do Estado.
Pola súa banda, Mayra García agradeceu aos nómades dixitais de INECO, Eduardo Correa e Esther Ros, a dedicación e profesionalidade que demostraron nos talleres que se impartiron durante a súa estadía no municipio, na Casa da Cultura de Trabada, sobre o uso de apps a persoas de maior idade ou ciberseguridade e pegada dixital a menores.
Os outros concellos xa involucrados no programa son os seguintes: Cerdido (A Coruña), Porto do Son (A Coruña), A Pobra de Trives (Ourense) e Parada de Sil (Ourense) – xunto aos dous que se incorporarán nas vindeiras semanas, Carballeda de Avia (Ourense) e A Gudiña (Ourense). Estes concellos, sinalou Isabel Rodríguez, posicionan a Galicia como unha das tres Comunidades Autónomas con máis municipios rexistrados nesta iniciativa, xunto a Andalucía e Castela e León.
INECO desprega con este programa máis de 100 nómades dixitais a 55 municipios de 15 provincias españolas para, a través da fórmula do teletraballo, asentarse temporalmente no territorio e dedicar parte da súa xornada laboral á dixitalización social e económica do municipio no que se atopen.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?