Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os concellos da ría de Muros e Noia estrean páxina web turística
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os concellos da ría de Muros e Noia estrean páxina web turística

S. P.
Publicado: 24/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

web_lousame_riamurosnoia.jpgA ría de Muros Noia conta dende este venres 24 de marzo cunha renovada e ampliada páxina web, destinada a facilitar o contacto permanente dos internautas, estean onde estean, coa totalidade do sector turístico da comarca e cos seus múltiples tesouros naturais, paisaxísticos e culturais. O sitio www.riademurosnoia.com foi dado a coñecer este venres por Teresa Villaverde, presidenta da ARD Ría de Muros Noia e alcaldesa de Lousame.
Teresa Villaverde fixo fincapé na funcionalidade da nova web, que será unha canle de referencia dos concellos que integran a ría (Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son) e das súas empresas e entidades turísticas coa comunidade de viaxeiros do mundo. Tamén puxo o foco na intranet da web, que permitirá ofrecer aos turistas “unha información actualizada e atractiva sobre este destino turístico” e “a propia información dos establecementos hostaleiros, de restauración e de turismo asociados”.
“Poremos en marcha listas de distribución de WhatsApp, correos electróincos e a propia intranet da web para que a comunicación cos distintos actores turísticos da nosa contorna sexa o máis fluída posible”, asegurou Teresa Villaverde, quen aproveitou tamén para agradecer o traballo realizado polas empresas que desenvolveron o sitio e polas numerosas persoas que colaboraron na recollida dun gran volume de información e contidos para a páxina.
Tres seccións
O novo site está estruturado en tres seccións principais. A primeira é a Sección Profesional, que inclúe unha intranet privada para as comunicacións entre as entidades do sector turístico da ría. A maiores, inclúe o tradicional apartado institucional no que se inclúen información sobre a ARD ría de Muros Noia (composición, estatutos, convenios, actas das asembleas…) e unha sala de prensa con información sobre a asociación e materiais gráficos para os medios de comunicación.
A segunda sección está dedicada ás Redes Sociais: Instagram, Facebook e YouTube. Unhas redes que cada día consolídanse como as canles máis habituais de comunicación da ría de Muros Noia cos turistas e cos propios veciños e veciñas da comarca.
Finalmente, a terceira sección está orientada directamente a fomentar a chegada de turistas e visitantes. Unha sección que estará en permanente actualización para ofrecerlles propostas diferentes para visitar o destino, dende recomendacións para cada época do ano ata consellos para planificar a estancia na zona: como chegar, onde durmir, onde xantar e un directorio de teléfonos de utilidade.
A maiores, a web actualizarase continuamente con ideas para Que facer na visitas, incluíndo un Top 10 coas propostas estrela seleccionadas dos distintos municipios, un apartado de rutas de sendeirismo e BTT, un detallado percorrido polas praias, miradoiros e todo o que se pode facer sobre a ría. Todo isto complementarase con información individualizada sobre os atractivos turísticos de Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?