Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En Santiago, luz verde á contratación do proxecto dun novo portal, unha app a intranet municipal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En Santiago, luz verde á contratación do proxecto dun novo portal, unha app a intranet municipal

S. P.
Publicado: 27/03/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

A concelleira Marta Abal nunha imaxe de arquivo
A concelleira Marta Abal nunha imaxe de arquivo
O Concello de Santiago vén de aprobar a contratación da creación dun novo portal web, dunha aplicación móbil (app) municipal e da intranet municipal. Trátase dunha serie de recursos todos eles vencellados a un novo sistema de información baseado na tecnoloxía emerxente Web 4.0. Este servizo sae a licitación por 299.916,88 euros.
Segundo sinalou a concelleira de Economía, Facenda, Contratación, Persoal e Modernización da Administración Local, Marta Abal, preténdese “contar con tres aplicativos distintos pero baseados no mesmo sistema de información que posibiliten achegar a Administración Electrónica e os servizos de Concello de Santiago á cidadanía, facilitando ás veciñas e veciños toda a información e recursos que precisen para a súa relación co propio Concello e para o desenvolvemento da súa vida diaria”.
Con ese obxectivo crearase un sistema de información baseado en tecnoloxías semánticas (aquelas que permiten entender o modo en que as persoas razoan e conectan a información) e estruturas ontolóxicas (rede ou sistema de datos que definen as relacións existentes entre os conceptos dun dominio ou área do coñecemento) que se achegarán ao usuario “de forma intelixente e preditiva ofrecéndolle de forma rápida e sinxela os servizos e información que demanda”, explicou a edil, engadindo que este innovador sistema permitirá á cidadanía acceder, desde os tres sistemas a implantar, a todos os contidos. Tamén se porá o foco nos buscadores intelixentes e nas tecnoloxías orientadas á experiencia próxima do usuario. “Este acceso realizarase de forma personalizada e apoiado en Intelixencia Artificial”, comentou.
Entre os contidos que se ofreceran destaca a información relativa ao transporte urbano (liñas de autobuses, frecuencias e tempos de espera), aos estacionamentos públicos e privados (localización e dispoñibilidade de prazas de aparcamentos), ao tráfico en tempo real, ao sistema aeroportuario, á predición meteorolóxica, ás novas municipais, á axenda cultural (museos, conferencias, exposicións, presentacións, eventos deportivos, etc.), aos circuítos urbanos temáticos (monumental, universitario, gastronómico, nocturno, ocio, etc.), ás zonas verdes, a recursos turísticos (rueiros, mapas, folletos, historia, etc.), á compra e reserva de entradas, ao acceso e pago en liña de servizos municipais (cita previa, sede electrónica, rexistro electrónico, notificacións, etc.), á contratación e oferta de emprego público, á concienciación e participación cidadán e tamén a un amplo catálogo de servizos da cidade como farmacias, hospitais, centros de saúde, colexios, institutos, academias, restaurantes, hoteis, mercados, librarías, ximnasios, notarias, entidades financeiras, cemiterios, etc.
“O portal web do Concello de Santiago de Compostela será o único soporte institucional que aglutine todos os espazos web do concello baixo unha mesma imaxe de marca ofrecendo todos os servizos reflectidos previamente”, explicou a concelleira, engadindo que será neste portal onde os veciños e veciñas terán a posibilidade de relacionarse de forma electrónica co Concello e a súa contorna.
A aplicación móbil estará deseñada para acadar os mesmos obxectivos que o portal web, “dunha forma mais áxil e baseada na mobilidade das persoas”. Ademais dos servizos reflectidos integrará a maioría das funcións que os dispositivos móbiles ofrecen a día de hoxe (pago en liña, servizos GPS, autenticación do usuario, notificacións push, etc.) e incluirá unha identificación mediante código QR con todas as funcionalidades dunha tarxeta cidadá pero na modalidade virtual.
A intranet municipal, aproveitando os recursos tecnolóxicos empregados nas solucións anteriores, converterase principalmente nunha canle de noticias e difusión de protocolos relacionados coa Administración Electrónica para os funcionarios do Concello.
Outro aspecto clave das tres aplicacións é a incorporación dun módulo de alertas e emerxencias cidadáns ao estilo doutras cidades europeas e americanas. Calquera alerta será notificada mediante unha mensaxe push no caso da app municipal e mediante banners no portal web e na intranet de forma automática. “O feito de recibila de forma inmediata (mensaxes push) nos terminais móbiles tense demostrado como unha ferramenta fundamental cara a cidadanía na prevención e reacción ante continxencias non previstas”, sinalaron fontes do Concello de Santiago a respecto do dito formato de comunicacións.
A contratación deste servizo e está financiada a través das Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (EDUSI), correspondente ao Fondo Europeo de Desenrolo Rexional (FEDER), que ven a referendar a valoración e a consideración que fai a Unión Europea dos proxectos de modernización que se están propondo dende a Concellaría de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?