Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello da Coruña crea unha aplicación móbil que integra todos os servizos municipais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello da Coruña crea unha aplicación móbil que integra todos os servizos municipais

S. P.
Publicado: 27/03/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

app_cicdade_coruna_cidada.jpgO voceiro municipal e concelleiro de Economía e Facenda da Coruña, José Manuel Lage, presentou este sábado 25 de marzo a nova aplicación móbil cidadá que xa está dispoñible en sistemas Android e iOS, a ferramenta para dispositivos App Coruña, que, segundo dixo, permitirá a consulta e xestión de múltiples servizos municipais. A aplicación “será unha revolución no día a día dos coruñeses e coruñesas”, comentou, engadindo que o obxectivo esta ferramenta é “situar a cidade da Coruña noutra dimensión en termos de relación entre os cidadáns e a administración”.
Entre as súas vantaxes principais figuran as seguintes: as coruñesas e coruñeses poderán acceder á gran maioría dos servizos municipais desde o seu móbil, poderán consultar información en tempo real sobre o tráfico, os autobuses, BiciCoruña ou a axenda cultural; e, ademais, terán marxe para consultar datos persoais como impostos, recibos ou préstamos bibliotecarios)
Os contidos da aplicación pódense personalizar en función das preferencias de cada usuario, que só necesitará as súas credenciais de acceso ao perfil municipal para dispoñer de diferentes servizos. “A aplicación é moi intuitiva, con iconas de gran tamaño e menús organizados por áreas”, explicou o concelleiro, salientando que “unha vez introducido o perfil persoal do Concello, a información organizarase en diferentes temáticas para facilitar a navegación”. Segundo destacou, “unha das vantaxes desta nova aplicación é que poderemos agrupar nela diferentes servizos que xa estamos ofrecendo e outros que ofreceremos nos próximos meses”. Por exemplo funcionalidades operativas como a de BiciCoruña, que está totalmente integrada nesta aplicación, permitindo a reserva e o desbloqueo de bicicletas, así como novas funcións, como un planificador de rutas. Por outra banda, tamén hai información en tempo real do servizo de transporte urbano e moi pronto integrarase na aplicación o novo sistema de pago do billete do bus con código QR.
A aplicación conta con outras seccións de utilidade para a cidadanía, como un visor do estado do tráfico en tempo real, as incidencias e cortes por días ou mapas cos servizos esenciais da cidade. Tamén inclúe información sobre os distintos procesos selectivos que se convocan polo Concello, coa posibilidade de subscribirse a un servizo de alertas para estar informado de calquera novidade. Na aplicación está integrado o novo Sistema de Suxestións e Reclamacións, que permite crear incidencias, adxuntar imaxes e facer un seguimento do proceso de tramitación.
Desde a aplicación tamén é posible levar a cabo trámites e xestións municipais a través do servizo de cita previa e consultar todos os procedementos abertos. Poderanse consultar todo tipo de datos persoais, como a identidade dixital de cada usuario, os seus inmóbeis e vehículos, os impostos e recibos ou os préstamos das bibliotecas.
O Goberno de Inés Rey investiu 164.000 euros, co-financiados a través de fondos europeos FEDER, na creación desta aplicación. “Esta ferramenta, en termos de innovación e novas tecnoloxías, sitúanos no primeiro nivel das cidades europeas, ofrecendo ao cidadán todos os servizos que precisa na súa man”, sinalou Lage.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?