Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME remata marzo con cinco novas accións formativas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME remata marzo con cinco novas accións formativas

S. P.
Publicado: 27/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme_900x600-3.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do seu programa de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas SmartPEME, oferta esta última semana de marzo cinco novas accións formativas, enmarcadas na súa carteira de obradoiros TIC. As accións centraranse en ciberseguridade, mulleres emprendedoras, posicionamento en buscadores (SEO) para comercio electrónico, emisión de eventos en liña e como elaborar un plan de mercadotecnia dixital.
Os obradoiros comezarán este luns, 27 de marzo, ás 10 da mañá. Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, será o encargado de impartir Ciberseguridade, como facer un contrasinal seguro, no que se explicará a importancia de ter un contrasinal ben definido e distinto para cada servizo. Freire, tamén conducirá a acción do xoves 30 de marzo, ás 11 da mañá, Como emitir o teu evento en liña de xeito profesional IV – OBS I, na que se presentarán ferramentas como Screendragons ou OBD Studio.
O martes 28 será a quenda de Encontro de mulleres emprendedoras no que intervirán mulleres asesoradas polas oficinas de SmartPEME como Luz Prado, fundadora de Luz Prado, Escuela de Diseño y Moda; Salomé Fernández, creadora de Cucapuntoes; Pilar Alonso, creadora de Xacobleas” Cruz Martinez, fundadora de Planeta Tres Zetas; e Susana Abal, directora de Desde 0 Home Staging. O obxectivo desta iniciativa é poñer en común varios puntos de vista sobre o emprendemento sendo muller e os pros e contras de levar a cabo un proxecto propio.
O mércores 29 de marzo terá lugar a acción SEO para ecommerce: Posiciona a túa tenda en liña en Google ás 12 de mañá. Será impartida por Esther Garcinuño, diplomada en ciencias Empresariais, que dará a coñecer cuestións para optimizar webs de venda en liña e mellorar a súa visibilidade nos motores de procura cun enfoque práctico.
O xoves 30 ás 18:00 horas o licenciado en Comunicación Audiovisual, Adrián Fernández, impartirá O teu plan de Márketing Dixital paso a paso. Nesta acción formativa, coa que a Deputación pecha a semana formativa de SmartPEME, abordarase a importancia do plan de mercadotecnia dixital para que unha empresa teña éxito na contorna online.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?