Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara da Coruña e a Xunta formarán á mocidade no impulso de proxectos de negocio innovadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara da Coruña e a Xunta formarán á mocidade no impulso de proxectos de negocio innovadores

S. P.
Publicado: 28/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

camara_coruna_acordo_xunta_cifp.jpgNa mañá deste martes 28 de marzo presentouse a segunda edición de EduInspira, un programa enmarcado no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo EduEmprende que, desenvolvido pola Xunta de Galicia en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña, ten como obxectivo “mostrar ao alumnado as vantaxes do emprendemento” e “concienciar á comunidade educativa sobre as posibilidades que ofrecen as distintas familias profesionais para a materialización de proxectos viables e para a creación de ideas innovadoras de negocio”.
No acto inaugural, que se celebrou no CIFP Someso, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, destacou a aposta da Xunta pola converxencia entre a FP e a realidade laboral, incluíndo das persoas emprendedoras. “A través do Plan de Emprendemento do Sistema Educativo, EduEmprende, no que se enmarca este programa, dotamos aos centros de ferramentas para impulsar nos estudantes a cultura emprendedora, así como de facilidades para iniciar un proxecto de negocio”, declarou.
Pola súa banda, o presidente da Cámara da Coruña, Antonio Couceiro, ofreceu aos estudantes a axuda que a entidade ofrece a través do seu departamento de apoio ao emprendemento, “cos programas específicos como o PAEM (Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres) ou o Programa España Emprende, que, de maneira gratuíta, permítenos prestar aos emprendedores e emprendedoras un servizo completo de acompañamento, asesoramento e información no proceso de constitución e posta en marcha dun proxecto empresarial”, dixo, poñendo o foco nos acordos de colaboración con entidades financeiras para canalizar microcréditos cara aos proxectos de mercado en “condicións preferentes”, ao que se suma o PAE (Punto de Atención ao Emprendedor ) para a creación de empresas de maneira telemática”
Tino Fernández, presidente e co-fundador da empresa tecnolóxica Altia, con sede en Oleiros (A Coruña), falou ao alumnado sobre o valor actualizarse e adaptarse ao cambio para saber aproveitar as oportunidades.
O programa desenvólvese en 21 centros educativos nos que o alumnado, a través de obradoiros, xogos e dinámicas grupais aprenderá sobre emprendemento e adquirirá habilidades emprendedoras. En cada xornada, ademais, representantes de empresas de diversos sectores exporán as súas experienciasaos alumnos participantes.
Os centros participantes son:
• A Coruña: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, IES Agra do Orzán, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís, IES Fernando Wirtz Suárez, CIFP Ánxel Casal – Monte Alto, CIFP Someso, IES A Sardiñeira, CIFP Imaxe e Son e CIFP Paseo das Pontes.
• Arteixo: IES de Sabón.
• Betanzos: IES As Mariñas.
• Cee: IES Fernando Blanco.
• Curtis: IES de Curtis.
• Fene: IES de Fene.
• Ferrol: CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, CIFP Leixa.
• Ordes: IES Ordes.
• Pontedeume: CIFP Fragas do Eume.
• Ponteceso: IES Eduardo Pondal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?