Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Oficina de Acollida ao Peregrino presenta unha nova web de información estatística
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Oficina de Acollida ao Peregrino presenta unha nova web de información estatística

S. P.
Publicado: 28/03/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

oficina_peregrino_santiago_nova_web_estatistica.jpgA web da Oficina de Acollida ao Peregrino estreou unha nova sección de estatísticas, máis ampla e mellorada, que permitirá aos usuarios ter acceso a información en tempo real dun “xeito dinámico e visual”. Así o fixeron saber en rolda de prensa as entidades responsables do proxecto: a Universidade de Santiago (a través do grupo de investigación que coordina a profesora de Métodos Cuantitativos Isabel Neira) e máis a Fundación Catedral de Santiago. A nova ferramenta, indicaron, permitirá mellorar o coñecemento dos camiños e os peregrinos que realizan o Camiño de Santiago, a través da análise dos datos estatísticos do censo de peregrinos recolleitos pola propia Oficina do Peregrino.
Este proxecto de visualización foi deseñado mediante a ferramenta informática Power BI, de Microsoft, dando forma a un sitio web que, entre outras vantaxes, posibilita aos usuarios da web dispoñer de paneis con obxectos visuais como táboas e gráficos interactivos a través de filtros personalizables, segundo as necesidades de información de cada quen. Desta maneira, poden obter información detallada sobre os peregrinos que realizan o Camiño, analizando as orixes, os camiños que percorren e as súas variables demográficas, o “que contribuirá a mellorar o coñecemento sobre eles”, explicaron na presentación.
Esta colaboración entre a Universidade e a Catedral de Santiago, engadiron, é “un exemplo de como a tecnoloxía e a investigación poden contribuír ao acceso ao coñecemento e mellorar a experiencia das persoas, de maneira que se ofrece un acceso a información relevante e personalizada en tempo real que permita coñecer co máximo grao de detalle a experiencia da peregrinación xacobea”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?