Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto Stat Wars e a ciencia dos datos afiánzanse no IES Sanxillao de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto Stat Wars e a ciencia dos datos afiánzanse no IES Sanxillao de Lugo

S. P.
Publicado: 28/03/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

stat_wars_lugo_usc_capon.jpgO proxecto de divulgación científica Stat Wars: A rebelión dos datos, liderado polo Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos da USC, en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía-Ministerio de Ciencia e Innovación, da Rede Nacional de Bioestatística (Biostatnet), citou este luns 27 de marzo uns 160 estudantes de terceiro e cuarto curso da ESO no IES Sanxillao de Lugo no Pazo de San Marcos. No acto participou Pablo Rivera Capón, responsable de Promoción Económica e Tecnolóxica da Deputación de Lugo.
O proxecto Stat Wars: A rebelión dos datos constitúe unha iniciativa dirixida a alumnado preuniversitario, a través da que se pretende achegar a mocidade á disciplina estatística “dunha maneira amena e divertida”, explican fontes da USC, poñendo o foco nas metodoloxías postas en xogo: xogos e concursos orientados a que o alumnado poña en práctica o seu espírito crítico e descubra as diversas aplicacións da estatística na vida real, presentándoa como unha vocación científica de futuro.
A profesora de Estatística da Facultade de Matemáticas da USC Mercedes Conde, o profesor na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra e director do grupo de investigación Proxectos e Planificación (PROePLA) da USC, Manuel Marey, e as xestoras da investigación no Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos (GRID-BDS) Ana Bouzas e Berta Rial, foron os docentes responsables de impartir este obradoiro participativo e de divulgación científica que se prolongou en quenda de mañá.
A profesora da área de Estatística, Análise Matemática e Optimización Mercedes Conde abriu a quenda de relatorios logo da sesión inaugural, un acto no que o deputado provincial delegado da área de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e a tamén profesora da USC Ana Bouzas, deron a benvida ao alumnado inscrito para para participar nunha xornada na que Berta Rial e Mercedes Conde conduciron diversas actividades participativas, mentres que o catedrático Manuel Marey ofreceu un breve relatorio baixo o título Medindo resina coa Intelixencia Artificial.
Stat Wars é unha idea orixinal da Universidad Carlos III de Madrid (UC3M), que a Rede Biostatnet lanzou no ano 2017 ao territorio nacional baixo a coordinación da USC, a través do grupo GRID-BDS. A última edición desta acción de divulgación científica contou coa participación dunha ducia de universidades españolas: Universidade de Almería, Universidade Autónoma de Barcelona, Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Castilla La Mancha, Universidade de Estremadura, Universidade de Granada, Universidade de Navarra, Universidade de Oviedo, Universidade do País Vasco, Universidade Politécnica de Catalunya, Universidade de Salamanca e Universidade de Valencia.
Na sesión, Rivera Capón salientou a importancia e o atinado deste obradoiro. “Vivimos nun mundo no que estamos inundados de datos, de cifras. Pero, se non contamos coas ferramentas para interpretalos, para facer series, para entender a evolución ou as variacións dos fenómenos, os datos sérvennos de pouco”, dixo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?