Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Zona Franca pon en marcha a nova edición de ViaGalicia con 24 proxectos na sede de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Zona Franca pon en marcha a nova edición de ViaGalicia con 24 proxectos na sede de Lugo

S. P.
Publicado: 28/03/2023
9 Min de Lectura
Compartir
9 Min de Lectura

zona_franca_vigo_lugo_viagalicia.jpgA sétima edición da aceleradora ViaGalicia xa está en marcha e este luns 27 de marzo celebrouse en Lugo a primeira xornada de traballo, o Startup Day lucense, ao que se sumará, nuns días, o Startup Day vigués. Ao acto institucional de apertura asistiron delegado do Estado, David Regades; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a directora de GAIN, Patricia Argerey; e o presidente da Cámara de Comercio de Lugo, Jaime López, así como José Luis Villaverde; director de área de Valorización, Transferencia e Emprendemento USC.
Un total de 24 proxectos iniciaron o seu traballo na sede de Lugo. Son 14 da provincia da Coruña, 9 da provincia de Lugo e un de Ourense. Por localidades 9 son da Coruña cidade e o resto das Pontes, Camariñas, Negreira e Santiago. Os de Lugo, 6 son da capital e o resto de Palas de Rei e Begonte.
Foron 143 as iniciativas empresariais presentaron as súas propostas na sétima edición da acelerador ViaGalicia, promovida polo Consorcio Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia.
En concreto, o 75% dos proxectos presentáronse para a súa aceleración na sede de Vigo e un 25% para a de Lugo, mantendo así as porcentaxes de participación das anteriores edicións para as zonas norte e sur de Galicia, respectivamente.
Esta sétima edición conta cun orzamento de 2,25 millóns de euros, destinados á formación, asesoramento, mentoring e financiamento dos proxectos que participen no programa de aceleración.
Se ben ViaGalicia acolle proxectos de calquera sector, estes deben ter un claro compoñente innovador e “ser susceptibles de investimento”, desde iniciativas en fase de idea (early stage) ata outras máis desenvolvidas (scaleups). Tamén teñen que contar cunha antigüidade máxima de cinco anos ou sete no caso de que impliquen desenvolvementos tecnolóxicos (unha das novidades desta sétima edición).
Ademais, o programa valora “o compromiso dos equipos promotores”, integrados por un mínimo de 2 persoas; e premia a composición multidisciplinar, factor crave no éxito dos proxectos.
Desde ViaGalicia, acompáñase aos proxectos na súa posta en marcha, financiamento e maduración, ao abeiro dun programa de alto rendemento que axuda aos participantes a definir o seu modelo de negocio, validar as hipóteses e identificar correctamente os seus mercados e clientes.
Ademais, para levalo a cabo, as novas firmas innovadoras poden acceder a subvencións a fondo perdido de ata un máximo de 25.000 euros por proxecto a través da Axencia Galega de Innovación. A isto engádese nesta edición un fondo total de 1.500.000 euros, que se repartirán entre as startups con maior potencial de crecemento, seguindo o criterio de investimentos das sociedades de capital risco Vigo Activo e XesGalicia.
Desde a súa creación, ata a sexta edición, ViaGalicia apoiou na definición do modelo de case 200 proxectos empresariais e acelerado a 78 novas startups, distribuíndo máis de 10 millóns de euros en financiamento directo. Estas empresas crearon máis de 500 postos de traballo, facturaron 35 millóns de euros e, ata a data, captaron máis de 55 millóns de euros en roldas de financiamento.
Dos proxectos acelerados, son varias as startups que xa se consolidaron como empresas e convertéronse en referentes do ecosistema emprendedor. É o caso de Alén Space, unha nova firma dedicada ao lanzamento de nanosatélites, convertida nunha das pioneiras no sector do Novo Espazo; ou de Alice Biometrics, unha solución innovadora de identificación biométrica. Tamén destacan Beta Implants, que lidera o mercado ibérico de implantes animais; Opositatest, plataforma líder en España na preparación online de oposicións; Councilbox, un referente para a celebración segura e online de reunións remotas con validez xurídica; ou Help Flash, que comercializa a innovadora luz V16, que substitúe aos triángulos de emerxencia.
Listado de proxectos da sede de Lugo 2023
1.- Aobá Upcycling. Aobá é unha empresa de economía circular, onde se repensa a moda desde unha perspectiva máis ética (lugo).
2.- Atlantic It. Atlantic It é unha empresa tecnolóxica formada por enxeñeiros e técnicos en informática que contan cunha dilatada experiencia profesional (Vilagarcía de Arousa e a Coruña).
3.- Breiko Breiko. Plataforma tecnolóxica que crea unha rede social entre transportistas. App colaborativa para condutores de camión e bus (Camariñas).
4.- Byroomnumber. Aplicación de Check-in para hoteis que permite a selección de habitación exacta sobre plano e a contratación anticipada de servizos extras (Ourense).
5.- Cuberta Atenuadora para Barreiras (CAB). CAB fabricada con material reciclado. Reduce a contaminación acústica e o impacto en accidentes (Begonte, Lugo).
6.- Dtalpau. Estudo de deseño e fabricación de mobiliario feito a man por ebanistas con 30 anos de experiencia. (A Coruña).
7.- Dignitas Solucións. Deseño de solucións construtivas habitacionais avanzadas en vivenda para persoas maiores (A Coruña e Lugo).
8.- Enzicas. Aditivo alimentario natural que reduce os tempos de maduración e curación en queixos e embutidos (A Coruña).
9.- Festigaleiros. Escaparate dixital dos festivais, feiras e festas de galicia (Lugo).
10.- Galician Art. Galería virtual onde artistas galegos poidan vender as súas obras dunha forma diferente a través de Realidade Virtual e Aumentada (Santiago de Compostela).
11.- Hortiponic. Hortos modulares, sustentables e autosuficientes que produzan mediante técnicas hidropónicas (Negreira).
12.- Imachine. Ferramenta de sensórica e monitoraxe continua de máquinas industriais, con escalabilidade baixo custo e conectividade Lorawan (Lugo).
13.- M3q by dalma. M3q é a ferramenta dixital autoconsumible con algoritmos avanzados, que diagnostica as dimensións críticas de éxito de pemes. (A Coruña e Barcelona).
14.- Mundo Healthy. Alimentos innovadores, baseados en clara de ovo. Sen hidratos nin graxa nin azucre nin lactosa (Palas de Rei, Lugo).
15.- Nómades app. Aplicación para docentes non universitarios que traballan lonxe do seu fogar. Consulta de listas, vacantes, roteiros, aloxamento e permutas (A Coruña).
16.- Olistickare. Nova marca de cosmética natural vegana dirixida a mulleres de 35 a 65 anos (Lugo).
17.- Recarbo. Dixitalización do caderno de campo no sector agrogandeiro e control e certificación de pegada de carbono (A Coruña).
18.- Rema Neutron Scanners. Tomografía e radiografía industrial e de seguridade por emisión e detección de neutróns. Vemos o que os Raios-X non ven (Santiago de Compostela).
19.- Simulador de entrevistas de traballo. Simulador de entrevistas online con IA e Big Data para practicar as entrevistas de traballo e analizar o teu perfil (A Coruña).
20.- Thedronemba. Formación a pilotos de drons para o mercado crecente (As Pontes de García Rodríguez).
21.- Theok.App. SaaS para a xestión integral de eventos que rexistra, centraliza e analiza os datos que xera a organización (Lugo).
22.- Umania. Plataforma formativa do terceiro sector, onde ONG e profesionais poden monetizar o seu coñecemento e consumir contido formativo (A Coruña).
23.- Wearsback. Plataforma que permite a particulares dar unha segunda vida ao material deportivo de forma flexible e sen complicacións (Santiago de Compostela).
24.- Xuvenlab. Spin-off da USC para formación e comercialización de kits educativos e eventos de divulgación científica (Lugo).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?