Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mestrelab colle novo impulso cunha achega de GAIN de 4,2 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mestrelab colle novo impulso cunha achega de GAIN de 4,2 millóns de euros

S. P.
Publicado: 29/03/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

conde_mestrelab.jpgO centro compostelán Mestrelab acolleu a semana pasada a visitta do conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen destacou que o centro de investigación empresarial “sitúa a Marca Galicia como referente internacional en biotecnoloxía”. Conde salientou que se trata “dun centro pioneiro” xa que, xunto co impulsado por Borgwarner, “será dos primeiros que se poñerán en marcha no marco do programa das Unidades Mixtas de Investigación do Goberno galego”. Así, agárdase que actúe como centro neurálxico para o ecosistema galego de I+D+i ligado ás ciencias da vida. O programa conta cunha axuda da Axencia Galega de Innovación (GAIN) de 4,2M€ para un investimento total de 8M€.
A previsión é que dea traballo a máis dunha trintena de profesionais e que conte con 15 empresas entre usuarias e colaboradoras nos proxectos de investigación que se poñerán en marcha.
Mestrelab desenvolve solucións de software que, actualmente, están a ser utilizadas por preto de 500 clientes da industria farmacéutica, biotecnolóxica e química e por máis de 2.000 universidades de todo o mundo. Grazas á súa tecnoloxía, por exemplo, as vacinas contra a COVID desenvolvéronse en tempo récord.
Conde rematou a súa visita subliñando que este novo centro “permitirá incrementar a carteira de solucións e produtos do sector biotecnolóxico galego e redobrar a excelencia do Campus Vida, ademais de complementar a actividade do Polo biotecnolóxico da Sionlla”.
Mestrelab Research é un centro empresarial de investigación de Santiago de Compostela dende o que se materializa o sotfware especializado para investigación química que empregan xigantes empresariais como Pfizer, BioNTech, AstraZeneca e Moderna Therapeutics, as empresas farmacéuticas hoxe máis populares tras sacar as súas vacinas contra o COVID-19. Todas elas utilizan a tecnoloxía da firma galega, xunto con BASF, Dow Chemical, Dupont, Bayer, Roche ou Johnson, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?