Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística, a USC e Casio presentan unha calculadora científica con configuración en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística, a USC e Casio presentan unha calculadora científica con configuración en galego

S. P.
Publicado: 30/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

casio_galego.jpgEste xoves 30 de abril celebrouse na Facultade de Matemáticas da USC a presentación do novo modelo da calculadora ClassWiz, de Casio, que por primeira vez, e coincidindo co décimo aniversario do seu lanzamento, inclúe a lingua galega entre as súas opcións de configuración. Deste xeito, esta ferramenta científica xa pode usarse en cinco linguas diferentes: galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués.
Na presentación participaron, entre outros, a decana de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen destacou “a importancia que supón a incorporación da lingua galega ás tecnoloxías, especialmente nun caso como este, que implica a oferta do galego á comunidade científica e ao amplo abano de usuarios que poden usar esta ferramenta no seu día a día”.
No acto, que coincidiu coa clausura do Mes das Matemáticas, tamén participaron o director xeral de Casio en España, François Vilaprinyó; o presidente da Asociación Galega de Profesores de Matemáticas (AGAPEMA), Julio R. Taboada; Cristina Naya, doutora en Matemáticas pola Universidade de Santiago (USC); Ana Freire, doutora e enxeñeira en Informática, e Eloy Bernal, responsable de comunicación da División Educativa de Casio España.
Segundo fixeron saber, este novo modelo, desenvolvido desde a División Educativa Casio, está deseñado por e para docentes, atende ás melloras solicitadas polos usuarios e ofrece unha calculadora científica máis intuitiva e sustentable, con novas funcións de azar e emulador online, entre outras novidades.
Para a súa correcta utilización entre o profesorado de materias como Matemáticas ou Física ou Química, a Xunta e Casio prepararon, a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación, unha serie de obradoiros de aprendizaxe que lles permita aos docentes manexar con soltura esta ferramenta.
A rolda de prensa tamén foi escenario para anunciar a incorporación da imaxe da galega Ana Freire, líder do Proxecto STOP (Suicide Prevention in Social Platforms), á colección de calculadoras #científicasCASIO, da que forman parte grandes nomes da historia como Ada Lovelace ou Marie Curie. Deste xeito, o novo modelo de ClassWizz xa está dispoñible tamén coa ilustración da enxeñeira lucense, obra da artista galega Lula Goce.
Esta colección, realizada en colaboración con 13 ilustradoras que decoraron as calculadoras ClassWiz coa imaxe de distintas científicas, pretende ser unha homenaxe ao significativo traballo da muller neste eido.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?