Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un total de 36 proxectos chegan ao Startup Day de ViaGalicia na sede de Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un total de 36 proxectos chegan ao Startup Day de ViaGalicia na sede de Vigo

S. P.
Publicado: 30/03/2023
9 Min de Lectura
Compartir
9 Min de Lectura

viagalicia_zona_franca_vigo.jpgUn total de 36 proxectos chegaron ao Startup Day da aceleradora ViaGalicia (Zona Franca) na sede de Vigo, que comezou este mércores 29 de marzo, oficialmente, a súa sétima edición. Fíxoo cunha xornada de traballo no Centro de Negocios de Zona Franca en Porto do Molle, tras a xornada de Lugo do pasado luns. Para darlles a benvida estiveron o delegado do Estado, David Regades; a subdirectora de Investimentos e Startups do Igape, Fany Suárez; e o alcalde de Nigrán, Juan González. Regades lembrou que tras dez anos de actividade ViaGalicia puido apoiar 78 proxectos innovadores de emprendemento que crearon uns 550 empregos.
David Regades explicou aos promotores das startups que “estamos aquí para axudarvos no voso camiño, para fortalecer e consolidar o voso proxecto” e sinalou que “se vos apoia para transformar un proxecto nunha realidade empresarial sólida, rendible e sostible”.
Dos 36 proxectos da sede de Vigo, un total de 19 son de Vigo cidade, 3 de Nigrán, 2 de Ourense, 2 da Coruña e un no caso dos municipios de Pontevedra, Porriño, Muros, Madrid, Gondomar, Tui, Sanxenxo, A Estrada, Salvaterra e Derio (Biscaia).
Todos eles súmanse aos 20 proxectos que iniciaron o seu traballo na sede de Lugo. Son 12 da provincia da Coruña, 7 da provincia de Lugo e un de Ourense. Por localidades 7 son da Coruña cidade e o resto das Pontes, Camariñas, Negreira e Santiago. Os de Lugo, 6 son da capital e outro de Begonte.
En total 56 proxectos que pasaron o primeiro corte, dun total de 143 iniciativas empresariais que presentaran as súas propostas á sétima edición da acelerador ViaGalicia. Finalmente seleccionaranse 15.
O principal obxectivo do programa, ao que se incorporou nas últimas edicións a Xunta de Galicia, é a aceleración de proxectos innovadores e susceptibles de investimento, aos que se acompaña na súa validación, posta en marcha, financiamento e maduración.
Estes son os proxectos da sede de Vigo:
1.- BEFLAMBOYANT. Deseñan e fabrican calzado vegano, sustentable, de comercio xusto e unisex, á vez que crean consciencia como estilo de vida. Sector téxtil, moda (Pontevedra).
2.- CERTIFIX. Certifix é unha plataforma de ITV dixital que realiza a inspección de vehículos matriculados en España de forma remota. Sector automoción (Vigo).
3.- ODS PROTEIN. ODS Protein produce proteínas alternativas a partir de fermentación de fungos, revalorizando subproductos da industria alimentaria. Sector agroalimentario e pesca (Vigo).
4.- BAWSE. Bawse é un selo discográfico baixo demanda de artistas. Sector TIC (Vigo).
5.- SMARTFLEXCELL. Crearon unha solución patentada que permite flexibilizar a única parte que aínda era ríxida na robotización de procesos. Sector automoción (O Porriño).
6.- ACRE. ACRE é un SW de xestión do espazo aéreo de UAV en emerxencias, para sector público e privado, innovando nos procedementos empregados. Sector aeroespacial (Vigo).
7.- DOOROTI. Dooroti é unha rede colaborativa de aluguer flexible e automatizado de prazas de garaxe. Conectan espazos con vehículos. Sector transporte e loxística (Vigo).
8.- É CIENCIA EDITORA. Proxecto editorial de libros de coñecemento en galego, libros vinculados ao territorio e dirixidos ao público infantil e xuvenil. Sector comunicación e publicidade (Muros).
9.- DIGMUS. Unha plataforma de streaming para arte dixital, que usa a tecnoloxía de cadea de bloques (blockchain) para xestionar os dereitos de propiedade intelectual e a súa venda. Sector cultura e lecer (Madrid).
10.-VANCUBIC. Sistema modular para camperizar furgonetas para todos aqueles que teñan unha furgoneta que queiran utilizar tamén como casa rodante. Sector automoción. (Vigo).
11.- LA VANETTA. Elaboración e venda de produtos a partir de carnes vexetais, mantendo tradicións e gastronomía a vegetarianos, veganos e flexitarianos. Sector agroalimentario e pesca (Gondomar).
12.- VI&GO. Xestión da carga de vehículos con batería extraible, mediante estacións de intercambio de baterías, dirixida a particulares e empresas. Sector servizos empresariais. (Vigo).
13.- FishNet. Feira virtual para comercializadores de produtos da pesca. Onde vender seguro e comprar con garantías sen custes financeiros. Sector agroalimentario e pesca (Vigo).
14.- BIOSPORTY. En BIOSPORTY formulan con recursos naturais soluciones bio certificadas con actividade terapéutica para o sector saúde e deporte. Sector perfumaría e cosmética (A Coruña).
15.- PROPLANTAE. ProPlantae é unha empresa do ámbito da sanidade vexetal que ofrece solucións innovadoras para unha agricultura sustentable. Sector agroalimentario e pesca (Vigo).
16.- 5SPECIAL. É unha filosofía de vida romántica na fabricación de roupa e pezas artesás para un público internacional do motor e a aventura. Sector téxtil, moda (Tui).
17.- GUEPARDO STORE. Asesoramento, reparación e venda de produtos para coches en áreas de servizo. Sector químicos e plásticos (Nigrán).
18.- MININOLAS. Fabricar gominolas con: vitaminas, probióticos, melatonina. Sen azucre, veganas, CBD Dirixida ao sector saúde. Sector agroalimentario e pesca (Nigrán).
19.- SEA. SEA é unha ferramenta que habilita a arquitectos e enxeñeiros para realizar proxectos máis sustentables, e así cobrar máis polos seus servizos. Sector servizos empresariais. (Vigo).
20.- SQUIZY. Ferramenta para desenvolvedores que xera aplicacións CRUD con control de permisos granular e auditoría a partir dun modelo de datos. Sector TIC (Vigo).
21.- ONENTE GAMING. Onente Gaming dispón de centros de lecer dixital con foco no gaming e os videoxogos para gozar dunha experiencia de xogo óptima. Sector cultura e lecer (Vigo).
22.- ARA DE REY. En Ara de Rey crean pezas únicas, deseñadas e confeccionadas desde cero integramente en Galicia. Sector téxtil e moda (Sanxenxo).
23.- CAPPTUS. Firma innovadora tecnolóxica que ofrece un SaaS para dixitalizar as operacións de campo das axencias de viaxes. Sector TIC (Vigo).
24.- SOUL AUTO. SoulAuto é a primeira plataforma española en Internet de referencia de compra-venda de coches especiais mediante poxas. Sector outros bens de consumo (Ourense).
25.- LUO KAI ELECTRICS. Resolver o problema do cambio de batería que necesita un vehículo híbrido unha vez que perdeu a súa garantía a un prezo adecuado. Sector automoción (A Estrada).
26.- EBOL FERTILITY. Desenvolvemento de software para clínicas de reprodución asistida que permita a xestión integral de todos os implicados na asistencia. Sector saúde e medicamento (Nigrán).
27.- RAÍZES PARQUE DO RECORDO. Primeiro crematorio, tanatorio e cemiterio ecolóxico para mascotas de España. Sector outros servizos empresariais (Vigo).
28.- NTENTE. Ntente é unha plataforma omnicanle dirixida a marcas e comerciantes polo miúdo que posibilita o compartir stock entre estes de forma selectiva. Sector TIC (Vigo).
29.- FUOCOAIR. Primeiro sistema de calefacción e ventilación simultánea para vivendas unifamiliares, partindo dunha simple estufa de biomasa. Sector enerxía, recursos naturais (Vigo).
30.- HEBRA FINCAS. Aplicación web que automatiza que dá maior solidez xurídica aos procesos de reclamacións de débedas de comunidades de propietarios. Sector servizos empresariais (Vigo). 31.- GOTRUCKI. Unha aplicación móbil que serve de mercado para a negociación e contratación entre usuarios e evitar paradas obrigatorias. Sector transporte e loxística (Salvaterra de Miño).
32.- LUXSIT. Espectáculos de luces con drons. Sector aeroespacial (Ourense).
33.- NÉBODA. Néboda é un produtor de cultivos de alto valor que a través da súa tecnoloxía propietaria revolucionará a agricultura. Sector agroalimentario e pesca (Vigo).
34.- BEXREAL. Sistema baseado en RA/RM que busca materializar a visualización e interacción con parques e polígonos industriais a través de modelado 3D. Sector TIC (Derio, Biscaia).
35.- ITG DRONESOLUTIONS. Pór no mercado soluciones innovadoras e complementarias para o sector de UAV (vehículos aéreos non tripulados). Diferéncianse na posición tecnolóxica e filosofía. Sector aeroespacial (A Coruña).
36.- FUTURE HOUSE. Desenvolvemento de sistema de construción eficiente e rápido “tipo LEGO” de vivendas unifamiliares que recorta tempos e custos de construción. Sector construción (Vigo).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?