Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Inaugurado o Coworking Dixital Ccompostela da Cámara de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Inaugurado o Coworking Dixital Ccompostela da Cámara de Santiago

S. P.
Publicado: 31/03/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

coworking_ccompostela_santiago_sanchez_bugallo.jpgEste venres 31 de marzo inaugurouse en Santiago un novo centro de innovación e traballo colaborativo, impulsado pola Cámara de Comercio local, a Deputación e o Concello e incorporado á Rede de Centros de Traballo Colaborativo da entidade provincial. Estamos a falar do Coworking Dixital Ccompostela, centrado como se indica no seu nome en acubillar e impulsar proxectos relacionados coas tecnoloxías da información.
O alcalde Xosé Sánchez Bugallo, a presidenta da entidade cameral María Pais Fajín, e o deputado de emprego José Ramón Rioboo participaron na inauguración do Coworking Dixital Ccompostela, e destacaron a importancia de “crear espazos de sinerxías e innovación” de “de que este tipo de centros de traballo colaborativo estean especializados por sectores, xa que favorecen o xurdimento de colaboracións entre as distintas persoas usuarias”.
O Coworking Dixital Ccompostela busca apoiar a transformación das pemes na súa dixitalización, como vía necesaria para reforzar a súa produtividade, a súa competitividade, o seu crecemento e a súa internacionalización.
Prevese que este centro impulse a dixitalización de máis de 350 empresas durante 2023 a través de servizos dixitais personalizados.
Para a súa posta en marcha, a Cámara de Santiago contou cun investimento de 300.000 euros, executados en dúas fases: a primeira realizada con fondos FEDER e a segunda, co apoio do INCYDE e da Deputación da Coruña, que comprometeu 188.947,52 euros, o 20% do custo total.
María Pais Fajín destacou que o CCompostela é un proxecto global, que porá a disposición de empresas e persoas emprendedoras un espazo coworking con equipamento tecnolóxico e programas específicos de acompañamento, incubación e aceleración de empresas, ademais de todos os servizos que a Rede Provincial de Coworking da Deputación oferta a todas as persoas usuarias.
Segundo fixeron saber, as empresas que desenvolvan neste espazo os seus proxectos empresariais poderán participar en máis de 40 actividades programadas ao longo dos próximos meses que se celebrarán en Santiago, así como nos 32 municipios do sur da provincia da Coruña, xa que, como todos os centros da Rede, o coworking dixital Ccompostela ten un marcado carácter supramunicipal. O seu ámbito de actuación será o mesmo que o da Cámara de Comercio de Santiago, que comprende un total de 32 concellos da provincia: A Baña, Ames, Arzúa, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Carnota, Dodro, Lousame, Mazaricos, Melide, Muros, Negreira, Noia, O Pino, Outes, Padrón, Porto do Son, Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Teo, Touro, Toques, Vedra e Vilasantar.
Durante a inauguración tamén tomaron a palabra Natalia Vázquez Poza, directora de proxectos FEDER da Fundación INCYDE, o outro organismo co-financiador do proxecto; Nuria Alonso Santamaría, directora en MOVE Estrella Galicia Dixital, que expuxo os novos modelos de negocio e as novas oportunidades que supón a transformación dixital; Fany Suárez Mansilla, subdirectora de investimentos e startups do IGAPE; e, para clausurar o evento, Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela, destacou a importancia deste tipo de espazos de traballo colaborativo, nos que se xeran sinerxías e se fomenta a innovación do tecido empresarial.
A posta en marcha do Coworking Dixital Ccompostela, dixo, incidirá directamente no crecemento económico da zona, “a través da especialización tecnolóxica nos sectores produtivos industriais, mediante a aplicación de tecnoloxías dixitais, todo iso baseado nun modelo innovador de transferencia de coñecemento”.
Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo
A Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, en continuo crecemento desde a súa posta en marcha en 2018, conta xa con 11 espazos adheridos que prestan servizos de fomento do emprendemento e asesoramento na creación de empresas con carácter supramunicipal e especializándose nos sectores estratéxicos de cada comarca.
Actualmente conforman a Rede o coworking Pazo de Arenaza en Oleiros, o centro de transformación Daquí Darredor en Brión, o LAB Barbanza en Boiro, o espazo A Proa en Ames, o centro de desenvolvemento comarcal de Moeche, o Green Coworking das Pontes, o centro de emprendemento A Estación de Vedra, o Coworking Dixital CCompostela de Santiago, o Coworking A Pobra, o Coworking A Capela e o Coworking Fórum Carballo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?