Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Polo Aeroespacial impulsará a compra privada de innovación para os retos das firmas tractoras do sector
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Polo Aeroespacial impulsará a compra privada de innovación para os retos das firmas tractoras do sector

S. P.
Publicado: 31/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20230331condepoloaeroespacial_2.jpgO Polo Aeroespacial de Galicia vén de dar un novo paso adiante no seu camiño de ser un referente mundial en materia de industria aeronáutica e UAV. Estamos a falar de dúas convocatorias (2023 e 2024) de Compra Privada de Innovación, na que as pemes e centros tecnolóxicos galegos formarán consorcios para dar resposta aos retos e necesidades tecnolóxicos das empresas tractoras do sector. Os detalles das convocatorias foron achegados en Madrid polo conselleiro de Economía, Francisco Conde, e a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Dotadas con 11,7M€ (con co-financiamento por parte do sector privado) estas dúas novidades permitirán “estender o ámbito de actuación do Polo colaborando no desenvolvemento tecnolóxico do sector”, sinalou Conde, salientando que esta nova figura seguirá permitindo que o Polo continúe “xerando pegada industrial”.
Así, dixo, “xunto co talento, coñecemento e capacidades que existen en Galicia neste eido, trabállase no deseño de solucións que se poidan fabricar, ofrecer e comercializar desde Galicia”.
Encontro en Madrid
Conde participou nun encontro en Madrid no que se presentaron os programas de I+D dos novos socios estratéxicos do Polo Aeroespacial de Galicia: Airbus, Avincis e Telespazio. Con estas empresas estase traballando para poder levar o uso de vehículos aéreos non tripulados a novos servizos como a prevención de incendios, a vixilancia pesqueira ou a atención sanitaria.
O vicepresidente económico puxo en valor a colaboración público-privada, “xa que é un dos puntos fortes no impulso do Polo Aeroespacial de Galicia”, dixo, referíndose tamén ao compromiso da Administración galega con este sector poñendo á súa disposición o maior marco de incentivos a través da compra pública de innovación, a compra pública precomercial e agora a compra privada de innovación.
O obxectivo dos instrumentos postos en marcha, engadiu, é “o desenvolvemento de tecnoloxías no eido aeroespacial que permitan resolver retos tanto do sector como da Administración pública á hora de prestar os seus servizos á cidadanía”.
Desde a posta en marcha en 2015 desta estratexia, xa se mobilizaron preto de 500M€ de investimento público-privado (330 nesta segunda fase). Neste sentido, Conde considerou fundamental contar co apoio do Goberno a través dos fondos europeos para que as empresas “poidan desenvolver máis programas co reto de que estes fondos teñan un impacto na transformación do tecido industrial”.
Na súa intervención, Conde puxo en valor a importancia que este Polo está tendo na xeración dun verdadeiro ecosistema empresarial no que as compañías tractoras están tendo, tamén, un papel fundamental. Así, 70 pemes e centros de coñecemento están creando tecnoloxía propia no segmento aeroespacial actualmente en Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?