Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aprobada a licitación da xestión da base de datos Oracle que agrupará a información de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aprobada a licitación da xestión da base de datos Oracle que agrupará a información de Santiago

S. P.
Publicado: 03/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A concelleira Marta Abal nunha imaxe de arquivo
A concelleira Marta Abal nunha imaxe de arquivo
O Goberno de Santiago aprobou este luns 3 de abril o expediente de licitación do contrato mixto de servizos e subministro do Sistema de xestión integral da base de datos Oracle do Concello de Santiago de Compostela, que sae a licitación por 154.215,37 euros, IVE engadido. Este sistema integrará, en palabras do Concello, “todas as bases de datos, actualmente dispersas, co obxecto de ter un maior control da información, así como incrementar de xeito significativo a seguridade da mesma”.
Esta licitación enmárcase dentro de plan de modernización da infraestrutura informática e telemática da Administración local, que está desenvolvendo a concellaría dirixida por Marta Abal. En concreto, o Concello explica que “con esta licitación aprobouse a adquisición de licenzas e a xestión integral dunha base de datos de recoñecido prestixio no ámbito internacional, como é Oracle, co obxecto de convertela no núcleo central e integrador de información de todo o Concello”.
Fontes municipais engaden que “esta adquisición implica apostar pola base de datos mais estendida por todo o mundo, a que máis referencias a nivel empresarial e institucional ten a nivel internacional; e polo sistema de xestión de base de datos relacional mellor valorado a nivel mundial tanto polo persoal técnico como polos usuarios”.
Entre as vantaxes achegará Oracle, resalta a independencia dos datos tanto a nivel físico como dixital; a flexibilidade; a rapidez no manexo de grandes cantidades de información; a súa fiabilidade contrastada pola súa implantación a nivel mundial; e a posibilidade de escalado en función das necesidades. Tamén destaca o propio sistema de auditoría que incorpora para garantir a seguridade, a recuperación ante desastres, o rollback (volta atrás) ante calquera erro, o establecemento de puntos de restauración e o rexistro de actividade con capacidade de análise ante continxencias.
Amais, o Concello explica que “a versatilidade da base de datos que se adquire tamén xoga un papel fundamental xa que permitirá alugar nun só espazo físico a información relativa á Administración Electrónica, á xestión de persoal, á contabilidade e facturación, aos sistemas de información xeográfica, aos sistemas industriais de monitoraxe, á xestión dos procesos específicos dos corpos de seguridade (policía local, bombeiros e protección civil), aos ficheiros ofimáticos de xestión e aos servizos web entre outros”.
O Goberno local destaca igualmente que para garantir a súa continuidade e dispoñibilidade o sistema de xestión de base de datos que se adquire implantarase na nova estrutura de CPD (Centro de Procesamento de Datos) recentemente licenzada polo Concello, “logrando así máis capacidade de computación e maior rapidez nas consultas a información”.
Ao abeiro desa estrutura, o sistema de xestión da base de datos configurarase en dous nodos independentes, co obxecto de dotalo de alta dispoñibilidade e redundancia a efectos de garantir o seu funcionamento durante as 24 horas do día os 365 días do ano.
A duración do contrato é de 3 anos e inclúe o soporte de propio fabricante da base de datos. De feito, e en liña con outras actuacións que se están a desenvolver dentro do plan de modernización do Concello de Santiago referéndase a aposta da Concellaría de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local de poder contar cos sistemas tecnoloxicamente mais avanzados e coas mellores referencias do mercado para “unha mellor prestación de servizos a veciñanza”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?