A Consellería de Cultura e Educación, xunto coa Cámara de Comercio da Coruña, ofreceron o pasado xoves 30 de marzo, no CIFP Rodolfo Ucha de Ferrol, un obradoro de adestramento profesional (coaching) e mercadotecnia dixital (digital marketing), a través do programa EduInspira, Experiencias que Inspiran.
Alumnos de diversos ciclos participaron no acto no que Eliana Oliveros destacou as ferramentas e capacidades que ten que ter unha persoa emprendedora, así como os valores e beneficios desta opción laboral. A continuación, Ignacio de Miguel Matilla e Krisko Atienza, da consultora MuddleMetrics, explicaron o día a día dunha axencia de mercadotecnia dixital así como as vantaxes á hora de emprender e retos de fronte ao futuro.

