Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Vaibike! arranca en Vilagarcía con 100 usuarios dados de alta na aplicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Vaibike! arranca en Vilagarcía con 100 usuarios dados de alta na aplicación

S. P.
Publicado: 03/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

vilagarcia_vaibike.jpgA nova andaina de Vaibike!, servizo municipal de aluguer de bicicletas, arrincou con forza en Vilagarcía. Fíxoo no mediodía deste sábado primeiro de abril e con 100 persoas dándose de alta como usuarias a través da aplicación móbil habilitada polo Concello (aproveitando a tarifa Volvemos, que, mediante o pago de 1 euro permite a utilización do Vaibike! durante tres meses).
O alcalde, Alberto Valera, xunto coa concelleira de mobilidade, Paola María, e os edís de Medio Ambiente e de Obras e Servizos, Diego García e Lino Mouriño respectivamente, tamén quixeron estrear esta nova etapa do Vaibike! dando o primeiro paseo en bicicleta.
A estrea da aplicación veu acompañado dunha serie de novidades complementarias. Por exemplo a renovación e ampliación do propio servizo, que pasou de contar con 5 estacións ás 16 que ten arestora, cubrindo boa parte do municipio, tanto a zonas do centro urbano como ás do extrarradio, e dando máis facilidades aos usuarios para que fagan uso da bicicleta como medio para desprazarse pola cidade.
Dende a estación emprazada no parque de Matosinhos, un dos 11 novos puntos para a retirada e recollida dos vehículos, o alcalde e os concelleiros fixeron unha demostración do funcionamento da aplicación móbil a través da que os usuarios poden xestionar a retirada e depósito das bicicletas E a continuación deron un paseo pedaleando polas infraestruturas ciclistas habilitadas na contorna do parque e no camiño escolar seguro habilitado na zona dos centros educativos da Lomba.
Funcionamento da aplicación móbil
Os primeiros pasos que se deben dar para utilizar o Vaibike! son descargar a app no teléfono móbil, darse de alta introducindo os datos do usuario e elixir a tarifa que se quere usar.
O Concello explicou que nestes momentos só está dispoñible a oferta Volvemos“, de 1 euro ata o 30 de xuño. A partir de entón xa se ofertarán a tarifa diaria, de 5 euros; a semanal, de 12; a mensual de 20, e a anual, de 36 euros. Dentro da tarefa promocional actual, as primeiras 500 persoas en darse de alta no servizo recibirán de agasallo un chaleco reflector co logo do Vaibike!
Uns días antes de que remate a promoción, a app enviará un aviso aos usuarios advertíndolles do remate da oferta, informando das novas tarifas s e invitándoos a renovar a subscrición.
Unha vez chegados a unha estación, o sistema permite a xeolocalización do usuario e indica na aplicación o punto no que se atopa e as bicicletas dispoñibles, que estarán sinalizadas cun piloto en cor verde na propia estación. Tras elixir o número do vehículo que se quere retirar (sempre a través da app descargada no móbil) deberá esperarse a que o piloto verde escintile. Entón será cando se poida retirar o vehículo da súa ancoraxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?