Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aplicación Reciclos supera os 5.000 usuarios en Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aplicación Reciclos supera os 5.000 usuarios en Santiago

S. P.
Publicado: 04/04/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

reciclos_aplicacion_envase.jpgReciclos, a iniciativa posta en marcha polo Concello de Santiago para fomentar a reciclaxe de envases e promover unha economía verde e circular, xa conta na cidade de Santiago con 5.250 usuarios. O balance de actividade da aplicación móbil foi debullado pola concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, quen quixo agradecer tanto á cidadanía como ás asociación participantes na campaña “o seu compromiso co medio ambiente e a súa solidariedade”.
Mila Castro amosouse “moi satisfeita” coa boa acollida que a campaña tivo entre os composteláns e as compostelás e pola implicación de asociacións como ATEGAL, A Pedra que Fala, Banco de Alimentos Rías Altas, AGAFI ou ASOTRAME neste Sistema de Devolución e Recompensa (SDR) que permite acumular puntos e obter recompensas que os usuarios poden doar a diferentes entidades ou proxectos da cidade.
Así, Reciclos permitiu a posta en valor da conexión entre Fontiñas e o parque de San Lázaro polo parque de Carlomagno, e a melloras de zonas verdes no Parque de Santa Marta, informou a edil, explicando que ás devanditas asociacións sumaranse nas vindeiras semanas a Fundación Andrea e a Asociación de Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG), que centra a súa actividade na atención e o apoio a familias que teñen nenos ou nenas con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais. “Os usuarios e usuarias poderán facer doazóns a esta e outras entidades sociais, a través de Rreciclos, contribuíndo a proxectos nobres e necesarios, ao mesmo tempo que se fomenta a circularidade dos envases”.
Desenvolvido por Ecoembes, Reciclos foi implantado na cidade grazas ao apoio do Concello de Santiago, “o primeiro de Galicia en impulsar esta acción, coa que tamén se reivindican os beneficios de reutilizar os envases e o aforro en emisións, auga e enerxía”, explicou Castro.
Reciclos púxose en marcha a mediados de abril do 2021. A través desta iniciativa, os veciños e veciñas de Santiago de Compostela poden reciclar as súas latas e botellas de plástico de bebidas nun dos máis de 700 contedores amarelos das rúas da cidade (aos que se lles incorporou un Código QR) e obter recompensas que poden doar a asociacións locais de carácter social.
Para facer uso deste sistema, os cidadáns só teñen que descargarse a aplicacón gratuíta e, na casa, escanear o código de barras da lata ou botella de plástico que queren reciclar antes de tiralo ao cubo. Unha vez na rúa, cando acudan ao contedor amarelo coa súa bolsa de envases, deben depositala alí e escanear o código QR que hai no contedor.
Ao utilizar os contedores amarelos os usuarios obteñen puntos, denominados “Reciclos”, que poden trocar polas distintas recompensas que teñan dispoñibles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?