A Confederación de Empresarios de Pontevedra vai organizar este mes de abril a segunda edición dos Obradoiros de Dixitalización da Industria 4.0, convocada baixo o epígrafe Explorando solucións tecnolóxicas para implementar no sector das empresas medioambientais e de xestión de residuos.
En termos máis concretos, trátase dunha xornada para axudar á transformación da actividade das pemes do sector, dirixida a responsables, técnicos e traballadores das ditas empresas. A cita será o mércores 12 de abril.
Contarase coa colaboración de APROEMA, Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia e con financiamento do IGAPE – Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia. O formato será híbrido: presencial dende a sede da CEP e retransmitido online.
Nesta ocasión, coa axuda de Data Monitoring e Libelium, botarase luz sobre as posibilidades que abren as solucións IoT (Internet of Things) e a Intelixencia Artificial (IA). Contarase coas intervencións de Arancha Mañas, presidenta de APROEMA, e de Alberto Álvarez de Innplica.
As posibilidades das solucións IoT e IA para as empresas ambientais, nun obradoiro da CEP
Compartir Este Artigo

