
O desafío
A proposta a resolver puxo o foco no sector do viño e nos seus retos de transformación, concretamente o desafío de dispor dunha previsión precisa da produción nunha campaña agrícola, un proceso cada vez máis necesario para optimizar toda a cadea (recolección, traslado, procesado, almacenamento e distribución). Asi, os diferentes equipos tiveron que artellar un modelo para predicir unha campaña e que aquel (o modelo) permitise estimar a colleita da que dispoñerá unha cooperativa meses antes da recolección. “A partir dos datos de produción dos anos anteriores e das condicións meteorolóxicas, calculamos cal ía ser a produtividade dunha campaña”, explicaron Inés Quintana Raña e Iván Lado Canosa.
Seguintes fases
O alumnado vencedor pasa agora á fase estatal do certame. Ata o 19 de abril, poderán mellorar o seu traballo sobre o mesmo conxunto de datos e co mesmo obxectivo. Ademais, do 10 ao 11 de abril, poderán presentar, de forma voluntaria, dous datasets de resposta que serán avaliados para que os e as participantes poidan saber como vai o seu proxecto respecto ao resto de equipos que participen na entrega. Finalmente, unha vez rematada a segunda fase, terá lugar a selección de mellores traballos. Ao longo do 3 de maio, o xurado comunicará os catro traballos seleccionados que pasarán a defender os seus proxectos na final que se desenvolverá o 15 de maio en Valencia.
En total, na USC participou alumnado de oito titulacións: o dobre grao en Enxeñaría Informática e Matemáticas, os graos en Enxeñaría Informática, en Intelixencia Artificial, e en Matemáticas; así como os mestrados en Big Data, en Intelixencia Artificial, en Matemáticas, e en Técnicas Estatísticas.
O equipo Databros representará a USC na fase final do Cajamar UniversityHack 2023
Compartir Este Artigo

