Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Galiverso somerxido descúbrenos o patrimonio submarino galego con realidade virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Galiverso somerxido descúbrenos o patrimonio submarino galego con realidade virtual

S. P.
Publicado: 05/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

galiverso_fs9dsqkwyaas5dd.jpgA Xunta de Galicia renovou a instalación de realidade virtual do Galiverso na Cidade da Cultura, estreada hai varios meses. Fíxoo cunha nova proposta que, coincidindo coa Semana Semana, permite descubrir o patrimonio galego oculto baixo as nosas augas.
En concreto, o Galiverso somerxido propón ao visitante unha viaxe en batiscafo virtual desde o que vivir a experiencia de mergullarse entre peixes, baleas e golfiños, transitar entre as bateas dedicadas ao cultivo do mexillón, coñecer o ecosistema que alberga pecios como o do Achondo (un pesqueiro vasco afundido preto das Cíes) ou explorar restos arqueolóxicos de episodios históricos como a batalla de Rande.
galiverso_fs9durzwcaepalm.jpg O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Manuel Vila, e a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, visitaron hoxe a instalación xunto á coordinadora da actividade, Fátima García Doval, e as mergulladoras da cooperativa 13graos que realizaron as gravacións submarinas coas que se deu forma a esta experiencia.
Segundo fixeron saber, no desenvolvemento do Galiverso somerxido traballou un amplo equipo humano e técnico con persoas expertas de ámbitos tan diversos como o submarinismo, a historia da arte, a comunicación e a divulgación, a bioloxía, a arte dixital e o patrimonio. “O resultado é unha travesía que difunde, a través das tecnoloxías dixitais e inmersivas, a importancia histórica, económica e medio ambiental dos nosos mares, así como a necesidade de implicar a cidadanía na súa conservación”, explicaron.
galiverso_fs9dzyxxoaeousd.jpg Tamén engadiron que para a captura das imaxes submarinas, os profesionais fixeron 18 inmersións en 12 xornadas, moitas delas en condicións de pouca visibilidade e a unha profundidade de ata 38 metros, obtendo fotogrametría de alta precisión de máis de 200 metros cadrados do fondo mariño. Ademais, deseñaron unha cámara 360º con carcasas especiais para a gravación en estéreo que permitise recrear na montaxe o efecto tridimensional da visión humana.
Desde terra, o labor consistiu en modelar e animar o comportamento, hábitat e aparencia das especies mariñas que viven nas augas galegas, “creando un ecosistema virtual cun elevado grao de realismo”, sinalaron.
galiverso_fs9dx1twaauilfx.jpg Pola súa banda, o equipo de Maxina foi o responsable de facer que baleas, golfiños, polbos, bosques de algas, plumas de mar e ata un cardume de 35.000 sardiñas habiten dentro do Galiverso somerxido.
No apartado arqueolóxico, especialistas do Museo do Mar de Galicia e do Museo Massó colaboraron na recreación do canón dun dos barcos afundidos na batalla naval de Rande, da ánfora que nos revela a importancia do transporte marítimo de mercadorías xa desde a época romana, ou do astrolabio co que os mariños se orientaban estudando a posición das estrelas antes de que se desenvolvesen os sistemas actuais de guiado por satélite.
O Galiverso somerxido pode visitarse, de maneira gratuíta, desde este mércores no Museo Centro Gaiás. A experiencia é accesible a partir dos 10 anos de idade e é necesario reservar previamente praza a través de Ataquilla e no Museo Centro Gaiás.
A sala dispón de seis cadeiras con cadanseu equipo de realidade virtual, e a exploración realízase de maneira simultánea. Unha narración (en galego, castelán ou inglés) acompaña a viaxe, ofrecendo instrucións sobre o funcionamento do batiscafo e explicacións da fauna, flora, obxectos e lugares que se poden ver no fondo mariño.
Os horarios de apertura son: martes a venres, en horario de tarde, de 16,00 a 20,00 horas, así como sábados, domingos e festivos (excepto luns), de 11,00 a 14,30 e de 16,00 a 20,00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?