Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña alenta a diversidade de formatos para o seu certame de proxectos do Reino de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña alenta a diversidade de formatos para o seu certame de proxectos do Reino de Galicia

S. P.
Publicado: 10/04/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fondo_proxectos_reino_galicia_segunda_convocatoria_deputacion_coruna.jpgA Deputación da Coruña, a través da Área de Cultura, informou da apertura do prazo para presentar proxectos á segunda edición do certame Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galicia, cuxo obxectivo é “contribuír á socialización do coñecemento e do interese pola historia, as figuras, os lugares e os momentos do noso reino medieval. Contempla un orzamento total de 200.000 euros, con 10.000 euros para cada un dos 20 proxectos premiados. O prazo de presentación remata o 25 de abril. As contribucións presentadas deberan versar sobre a historia, figuras e momentos do Reino. Permítese (aléntese) a diversidade de formatos e soportes, dende contidos audiovisuais a material de mercadotecnia, pasando por espectáculos ao vivo, exposicións, intervencións de cultura urbana, libros ou discos.
En canto aos contidos, os proxectos referiranse á historia do Reino de Galicia como tal ou á aspectos particulares e vinculados directamente a este (figuras históricas, espazos, épocas, etc.). Poderán presentarse á convocatoria propostas que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de marzo de 2024. Non se admitirán aquelas que supoñan unha continuidade ou fases sucesivas de traballos xa premiados na edición de 2022. Tampouco poderán participar as persoas físicas ou xurídicas que fosen premiadas no ano 2022 noutros premios ou certames convocados polo Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes da Deputación.
A entidade provincial lembra que a esta convocatoria presentáronse na pasada edición un total de 127 proxectos que incluían desde curtas de animación, xogos interactivos, xogos de mesa, intervencións urbanas, roteiros físicos e virtuais, propostas escénicas, ensaios, antoloxías, álbums ilustrados, discos e ata propostas para series de televisión.
Foi con esta convocatoria coa que a área provincial de Cultura iniciara a súa liña de traballo centrada na posta en valor do Reino Medieval de Galicia e que continuara coa celebración do primeiro congreso internacional sobre esta materia.
Ao igual que no pasado exercicio, nesta nova edición, unha vez se peche o prazo de presentación, será unha unha comisión de valoración a que se ocupe de valorar todas as propostas para elixir os 20 proxectos gañadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?