
O programa seguirá a ofrecer vídeo-entrevistas a artistas sobre a situación das mulleres na música e vídeo-titoriais. Tamén se distribuirá un boletín en liña semanal, realizarase un vídeo colaborativo coas escolas de música da provincia, prestarase o servizo de consultoría en liña para dar resposta ás inquedanzas das estudantes de música e actualizaranse os contidos da plataforma web, que conta cun directorio de mulleres profesionais.
As mozas foron elixidas por un xurado presidido pola xefa do Servizo de Igualdade da Deputación, Lucía Muradas e no que actuou como secretaria a técnica do Servizo Ana Isabel Amoedo e, como vogais, Pilar Fernández Fernández, artista, cantante e coach vocal; Andrea González Lozoya, deseñadora e imaxe persoal; Andreia Táboas Teijeiro e Ana García Vieiros, ambas persoal do programa “Descúbreas”.
Dentro das iniciativas de Descúbreas figura tamén a actividade Universo laboral, unha xornada de networking con empresas, profesionais e artistas do sector musical, a promoción en feiras e foros a nivel estatal e internacional, a creación de vídeos-resumo en inglés e a sección da newsletter Domingo con elas, que ofrecerá información sobre un contido musical ou transversal de artes e disciplinas como a escrita, o cine ou a fotografía, para dar a coñecer documentais, libros ou exposicións relacionadas con mulleres da industria musical.
As oito mozas do programa Descúbreas encherán as redes de contidos musicais
Compartir Este Artigo

