Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia defende a cooperación para afrontar os retos da aplicación da IA na industria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia defende a cooperación para afrontar os retos da aplicación da IA na industria

S. P.
Publicado: 10/04/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

amtega_230410_indesia_.jpgO Goberno galego compartiu este luns 10 de abril os detalles de súa folla de ruta en materia de aplicación das tecnoloxías intelixentes na industria. Neste senso, a folla defende un “traballo colectivo” neste proceso de transformación e adaptación, “porque a súa complexidade e os retos éticos e normativos que se presentan para o seu uso requiren a colaboración das Administracións públicas, as universidades, a sociedade e as empresas”. Son palabras do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, quen inaugurou o encontro Asociación Española de Intelixencia Artificial para a Industria (INDESIA). No evento, no que tamén interveu a directora da axencia autonómica GAIN, Patricia Argerey, abordáronse os principais desafíos do dito proceso de adaptación.
Durante a inauguración Corgos incidiu na necesaria implicación das administracións públicas, como fornecedoras de servizos esenciais á cidadanía e como promotoras e facilitadoras dun desenvolvemento en beneficio da economía e a sociedade; das universidades e centros de investigación; da sociedade, que debe estar preparada para o manexo e xestión dos novos escenarios; e das empresas, tanto das que producen as tecnoloxías como das que as consumen para manter a súa competitividade.
Así mesmo, aseverou que “a aprobación temperá da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial, a partir da vocación europea de liderado nunha Intelixencia Artificial fiable e humanista, situou a Galicia na vangarda para o desenvolvemento destas tecnoloxías, unha aposta reforzada coa creación do nodo galego deste tipo de recursos avanzados e disruptivos, o nodo GalicIA, do que forman parte as tres universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia”.
Ao longo da súa intervención, Miguel Corgos resaltou que froito desta aposta pola colaboración é tamén a elaboración, por parte de equipos multidisciplinares das tres universidades, do primeiro estudo sobre o marco ético e normativo da IA que se elabora no ámbito autonómico español.
Ademais de facilitar o uso das tecnoloxías intelixentes nas pequenas e medianas empresas, o conselleiro apelou á colaboración para facer fronte ao reto de favorecer e reter o talento para cubrir esa necesidade e reducir, na medida do posible, as dependencias do exterior.
Intervención da directora de GAIN
Pola súa banda, a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou que a dixitalización é unha das tres prioridades transversais da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027 (RIS3), xunto á sustentabilidade e as persoas, co “obxectivo de consolidar un modelo de crecemento baseado no coñecemento e na innovación e dar resposta aos retos globais”. Para acadar este obxectivo, dixo, puxéronse en marcha instrumentos como os Hubs de Innovación Dixital, que facilitan a integración de tecnoloxías emerxentes nas pemes, así como iniciativas estratéxicas como a Cidade das TIC, o Polo de Tecnoloxías Cuánticas ou o Polo Aeroespacial de Galicia.
No marco deste último, a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación participa no programa Retech, para a optimización das cadeas de valor en sectores estratéxicos da economía e con vistas á mellora da produtividade e da calidade de vida a través da aplicación da Intelixencia Artificial desde unha visión humanista, ética e medioambiental. Retech artella proxectos de varias comunidades autónomas orientados á transformación e especialización dixital. Algúns obxectivos de Galicia neste programa son o desenvolvemento de algoritmos e solucións de IA baseadas en UAV (siglas de Vehículos Aéreos non Tripulados) de interese para as distintas empresas ou a federación de datos para a creación de sinerxías entre empresas e sector público e privado.
A directora de GAIN lembrou que a través de Retech convocarase en datas vindeiras un novo programa de axudas de Compra Privada de Innovación dirixido a empresas de calquera sector que queiran desenvolver solucións baseadas en tecnoloxías de sistemas non tripulados e Intelixencia Artificial en colaboración con centros de coñecemento e pemes galegas. Estas comprométense a integrar a solución desenvolta se resolve o seu reto ou necesidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?