Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dáse a coñecer o palmarés de AeroVision, convocado pola UVigo para celebrar o Día dos Voos Espaciais Tripulados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dáse a coñecer o palmarés de AeroVision, convocado pola UVigo para celebrar o Día dos Voos Espaciais Tripulados

S. P.
Publicado: 12/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A imaxe que recibiu o primeiro premio
A imaxe que recibiu o primeiro premio
Este 12 de abril conmemórase o Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados e o Día da Cosmonáutica, aprobados pola ONU en 2011, e para celebrar esta dupla efeméride a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do Campus de Ourense convocou un concurso de fotografía chamado AeroVision 2023 que este mércores deu a coñecer as obras gañadoras da súa primeira edición.
O certame AeroVision xurdiu este ano co obxectivo de “recoñecer e difundir o papel da ciencia e a tecnoloxía espacial no desenvolvemento da sociedade, convidando ás persoas interesadas a presentar imaxes sobre situacións, paisaxes ou circunstancias relacionadas co ámbito aeronáutico e/ou aeroespacial”.
O xurado do concurso estivo formado por Humberto Michinel, director da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo; Neves Seoane, directora do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas de Lugo (CIAR), e o fotoxornalista Brais Lorenzo. O primeiro premio está dotado cun dron, o segundo cun telescopio e o terceiro cuns prismáticos.
O primeiro premio recaeu na fotografía Carreira lunar, de Irene Vieito Pena. “Esta fotografía inmortaliza un instante que puiden observar dende a miña fiestra. Dous avións coincidiron nas súas rutas nun momento e lugar tal que dende a miña posición parecían dúas naves espaciais competindo para ver cal chegaba antes á Lúa”, explica a galardoada.
segundo2.jpgO segundo premio foi para a imaxe Aeródromo de Requena, de David Piquera Aparicio. Segundo explica o seu autor, trátase dunha fotografía tomada en xuño de 2018 nun dos hangares deste aeródromo, uno dos enclaves aeronáuticos máis importantes de España, durante a celebración da concentración de avións históricos Memorial Fernando Monzonís.
Por último, o terceiro premio foi para a proposta de David Montero Suárez Soños e máis aló, na que fotografía á súa filla observando a imaxe de dous cosmonautas no espazo e que pretende ser “un reflexo das inquietudes dos nenos e nenas por ver mais aló das estrelas”.
terceiro3.jpg Satisfeitas coa acollida desta primeira edición do concurso, as entidades organizadoras trasladaron a súa felicitación á autora e autores das obras galardoadas e o seu agradecemento a todas as persoas que presentaron fotografías a AeroVision 2023. “Desde a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo consideramos que a industria aeroespacial e aeronáutica representa un sector estratéxico para a economía actual e por iso buscamos achegala á sociedade coa celebración deste certame de fotografía”, sinalan desde a dirección do centro.
O Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados e Día da Cosmonáutica, lembran desde a escola da UVigo, conmemora algo tan importante para a humanidade como o principio da era espacial co obxectivo de aumentar o interese da cidadanía pola exploración do espazo e ao mesmo tempo estimular o xurdimento dunha comunidade global comprometida co futuro da exploración espacial. Ao redor dos voos espaciais tripulados, subliñan, existe unha grande industria “con impresionantes avances tecnolóxicos, que xeran avances aplicables ao día a día da humanidade” e que contribúen de maneira importante ao seu desenvolvemento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?