Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galaicus Fintech afronta o seu gran chimpo internacional co apoio de Galicia Avanza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galaicus Fintech afronta o seu gran chimpo internacional co apoio de Galicia Avanza

S. P.
Publicado: 12/04/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

galaicus_fintech.jpgComezou o mes de abril e non decae a actividade do programa Galicia Avanza, destinado a favorecer a internacionalización das pemes, posto en marcha en 2022 como resultado da colaboración entre a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Na primeira edición participaron 30 pemes innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade, entre elas a ferrolá Galaicus Fintech.
Segundo explica a Tecnópole, Galaicus é unha firma do sector fintech, é dicir, que emprega a tecnoloxía para mellorar ou automatizar servizos e procesos financeiros. Nace en 2017 pola necesidade de crear fontes de financiamento alternativo ante a crecente concentración do sector da banca e o risco de exclusión financeira de parte das empresas do eido estatal.
Ofrece unha plataforma tecnolóxica que permite ás empresas acceso a financiamento mediante a venda das súas facturas por cobrar, así como unha solución para que poidan dixitalizar o financiamento da súa cadea de provedores.
Desde a firma ferrolá salienta que “o sistema financeiro actual non é capaz de responder plenamente ás necesidades de financiamento das pemes, posto que o período medio de pago en España supera os 94 días, unido ao feito de que tan só o 42% das facturas se pagan dentro do prazo acordado”. Así, as plataformas desenvolvidas por Galaicus permiten ás empresas diversificar as súas fontes de financiamento, “dunha maneira rápida, áxil e sinxela sen esixir garantías reais ou a contratación doutros servizos e produtos bancarios, como o caso dos seguros”, explican dende a firma galega, engadindo que este formato de negocio “dixital” permite á empresa operar desde Galicia en calquera outro país sen necesidade de presenza física nos devanditos mercados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?