Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xornada Mulleres na Ciencia abordará o impacto da robótica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xornada Mulleres na Ciencia abordará o impacto da robótica

S. P.
Publicado: 14/04/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Moza investigadora en robótica nunha imaxe de Santi Alvite
Moza investigadora en robótica nunha imaxe de Santi Alvite
A robótica será un dos temas clave da oitava edición da Xornada Mulleres na Ciencia, que se celebran dende 2015 co obxectivo de “abordar cuestións de interese e actualidade na investigación” e co foco posto en rematar coa fenda de xénero no eido académico e investigador. Este ano elixiuse a robótica por ser un tema de ““plena actualidade e con notable impacto interdisciplinar e social”. As xornadas son organizadas pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia (AMIT-GAL e a Oficina de Igualdade de Xénero da USC (OIX), coa cooperación da Facultade de Ciencias da Comunicación, que será a sede da xornada. A inscrición pode formalizarse a través dun formulario electrónico (ata o 18 de abril ás 15.00 horas).
Da man de Sonia Valladades e María J. Iniesto, docentes do grao de Robótica da USC, a xornada do vindeiro 21 de abril desenvolverase ao redor da conferencia e posterior debate sobre o tema Científicas e tecnólogas no sector agroforestal: retos e solucións no ámbito da robótica. A xornada comezará ás 16.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación cun acto que presentará a delegada do reitor para a Igualdade e coordinadora da OIX, Marta Pérez Pereiro; a decana do centro, Ana Isabel Rodríguez Vázquez; e a presidenta de AMIT-GAL, María Carreiro.
Con este enfoque preténdese abordar o debate e análise arredor deste eido incidindo na mirada de xénero e tamén na do sector agroforestal, moi ligado ao territorio en Galicia. Como explican as promotoras desta sesión, o desenvolvemento da robótica seguramente “mudará os modos de produción industrial, introducirá novas ferramentas na investigación e, consecuentemente, afectará ao desenvolvemento da vida cotiá, e por suposto ao traballos doméstico e de coidados”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?