Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 600 estudantes participarán na sexta Competición de Robots da Escola de Enxeñaría Industrial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 600 estudantes participarán na sexta Competición de Robots da Escola de Enxeñaría Industrial

S. P.
Publicado: 14/04/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_robots_escola_enxenaria_industrial.jpgO vindeiro venres, 21 de abril de 2023 terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo a sexta edición da Competición de Robots organizada pola propia Escola. O relanzamento da competición despois do pausa motivada pola pandemia superou todas as expectativas da organización, segundo fixeron saber. Asi, inscribíronse en total 106 equipos das catro provincias galegas na categoría BeRobot e 10 equipos na categoría DeMORobot, o que fai un total de máis de 600 alumnos que se van a citar na Escola para a competición.
Segundo informan fontes da escola, o obxectivo fundamental deste concurso é “achegar a Universidade ao alumnado de Ensino Secundario e Bacharelato ademais de promocionar as titulacións da Escola de Enxeñería Industrial e fomentar o interese do alumnado polas disciplinas STEM, máis especificamente polos estudos de Enxeñería”. En particular, coa categoría superior, preténdese potenciar a autoaprendizaxe no deseño, construción e programación de robots autónomos, á vez que estimular, atraer e desenvolver o talento novo ante os novos retos da industria do futuro.
A competición divídese como dixemos en dúas categorías: a categoría BeRobot, dirixida aos alumnos ESO e Bacharelato, e a categoría DeMORobot dirixida aos estudantes de titulacións superiores e outros interesados.
Programa da competición
10.00 – 10.30 Inscrición e quecemento BeRobot
Os equipos dispoñerán dos tapices de competición para poder realizar os últimos axustes antes de a competición.
10.45 Inicio competición categoría BeRobot
10.45 – 11.15 Primeira proba: Segue-liña marchoso
Esta proba realizarase en 9 tapices de forma simultánea.
Cada equipo competirá no tapiz asignado segundo a categoría.
11.15 – 12.15 Segunda proba: Velódromo mareante
Esta proba realizarase en 9 tapices de forma simultánea.
Cada equipo competirá no tapiz asignado segundo a categoría.
11.30 – 12.00 Inscrición e quecemento DemoRobot
12.00 Inicio Competición categoría DemoRobot
12.00 – 13.45 Probas competición categoría DemoRobot
As probas desta competición desenvolveranse todas no hall da Escola
12.30 – 13.45 Finais por categoría BeRobot (1º 2º ESO, 3º 4º ESO, 1º BACH)
As finais por categoría en 3 tapices de forma simultánea. Tapiz 1 (alumnos 1º 2º ESO), Tapiz 6 (3º 4º ESO) e Tapiz 7 (1º BACH)
14.00 – 14.30 Entrega de premios
Terá lugar no salón de actos da Escola. Entregaranse os premios (1º, 2º e 3o clasificado) nas diferentes categorías (1º 2º ESO, 3º 4º ESO, 1º BACH e DemoRobot) e os premios ao/os robot/s máis orixinal/es.Campus de Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?