A fundación FEUGA vai celebrar os días vindeiros un curso de Excel avanzado, a desenvolver baixo o epígrafe Descobre todo o que Excel pode facer por ti, polo que as actividades previstas porán o foco no abano de utilidades da folla de cálculo para o día a día profesional e empresarial.
Excel, sinalan dende FEUGA, “é unha ferramenta imprescindible para calquera profesional, é perfecta para a análise, xestión, seguimento, exposición, simulación, proxección e toma de decisións”. Neste punto, a fundación destaca as posibilidades da ferramenta para resolver cálculos, nun nivel máis simple, ou para desenvolver complexos modelos de análises e simulación. Ademais, salienta, é moi facilmente adaptable ás necesidades particulares dos usuarios.
Neste curso, revisaranse os conceptos básicos de Excel e profundase en ferramentas e funcións avanzadas que permitirán optimizar o traballo e mellorar a toma de decisións.
As sesións desenvolveranse por vídeo-conferencia en tempo real, ao longo de 15 horas, os días 2, 4, 8, 10 e 12 de maio, en horario de 09.30 a 12.30 horas. A data límite para a inscrición é o 26 de abril.
FEUGA mergúllanos nas posibilidades profesionais e empresariais de Excel
Compartir Este Artigo

