Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Ames comparte unha guía básica de ciberseguridade na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Ames comparte unha guía básica de ciberseguridade na Rede

S. P.
Publicado: 14/04/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ames_guia_de_ciberseguridade.jpgO Concello de Ames, a través do departamento de Tecnoloxías da Comunicación, compartiu un decálogo de boas prácticas na Rede para evitar caer nos delitos máis comúns que se cometen online, por exemplo o phising/smishing, o fraude no comercio electrónico, o ransomware, o fraude do ceo, a sextorsión e o love/romance scam. Podemos consultar a guía na web municipal (formato PDF).
Segundo explica o Concello, o phising ou smishing é o envío de correos ou mensaxes SMS que suplantan a identidade dunha institución ou compañía para extraer información de carácter persoal. O fraude no comercio electrónico consiste na creación de páxinas web con falsas ofertas, suplantando en ocasións a comercios lexítimos. Por outra banda, o ransomware é a introdución de sotfware malicioso que bloquea o acceso a sistemas informáticos ata que a vítima paga pola recuperación dos arquivos.
Doutra banda, o fraude do ceo consiste no calote ao persoal dunha empresa para que fagan un pagamento a unha conta fraudulenta. A sextorsión é a chantaxe a unha persoa baixo a ameaza de publicar ou difundir imaxes da súa intimidade. Para rematar, o love/romance é o contacto por redes sociais ou plataformas de contactos pra obter beneficio coa simulación dunha relación sentimental.
Decálogo contra os ciberataques
A guía básica de ciberseguridade está elaborada por INCIBE (Instituto Nacional de Ciberguridad), a Guardia Civil, a Policía Nacional, a OSI (Oficina de Seguridad del Internauta) e o CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia).
No decálogo recoméndase desconfiar de mensaxes con ofertas, produtos con prezos extremadamente baixos ou supostos premios. Tamén se aconsella fixarse nos erros gramaticais no corpo das mensaxes recibidas ou de malas traducións, así como non confiar en ligazóns a páxinas webs para a descarga de programas sen licenza aparentemente gratuítos.
Así mesmo, na guía indícase que se desconfíe de mensaxes ou correo de organismos oficiais, bancos… etc nos que se soliciten datos persoais, de chamadas de servizos técnicos ou de mantemento por supostos fallos nos sistemas e de solicitudes de pagamento de provedores a contas diferentes ás habituais sen ter sido informados previamente.
Para previr os ciberataques proporciónanse unha serie de consellos:
– Manter o sistema sempre actualizado. As actualizacións do sistema operativo, das aplicacións e do antivirus inclúen as últimas melloras de seguridade.
– Entrar en páxinas web seguras. Usar sempre páxinas web seguras cuxa dirección comece por HTTPS. Non empregar as redes públicas para o envío de datos sensibles.
– Vixiar a privacidade. Verificar a configuración da privacidade elixindo os datos que se queren compartir nas aplicacións e redes sociais.
– Abrir só arquivos coñecidos. Ver só arquivos coñecidos de fontes de confianza, así como empregar só USB externos coñecidos. Empregar o antivirus en caso de dúbida.
– Usar o sistema de dobre verificación. Activar o sistema de dobre verificación nos procesos máis sensibles e a dobre sinatura para as transaccións económicas.
– Empregar contrasinais fortes. Un bo contrasinal debe ter cando menos 8 caracteres entre letras, números e símbolos. Non se debe usar un mesmo contrasinal para todo e é necesario renovalos con frecuencia.
– Activar o cortalumes. É preciso evitar que se acceda aos sistemas a través de redes externas. Débese comprobar se o antivirus dispón de firewall ou se se pode activar no propio sistema operativo.
– Facer copias de seguridade. Realizar só copias de seguridade frecuentes dos arquivos dun equipo.
– Non dar o número de teléfono. Non facilitar o número de teléfono a descoñecidos ou a páxinas web que non ofrezan confianza.
Ademais, o decálogo aconsella, en caso de ser atacado, desconectar o equipo da rede, non pagar rescate e poñerse en contacto coas autoridades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?