Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: atlanTTic móstranos algúns dos seus principais proxectos con motivo do Día Mundial da Cuántica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

atlanTTic móstranos algúns dos seus principais proxectos con motivo do Día Mundial da Cuántica

S. P.
Publicado: 17/04/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

dia_mundial_da_cuantica_atlanttic_uvigo.jpgO 14 de abril celebrouse o Día Mundial da Cuántica e a Universidade de Vigo sumouse á iniciativa con varias propostas de gran interese, celebración na que tamén participou o centro atlanTTic da UVigo, mostrando os detalles dalgúns dos proxectos que está a impulsar neste eido. Por exemplo o centro Vigo Quantum Communication Center (VQCC) ou o proxecto QSI, rede de doutoramento MSCA-DN, que ten como finalidade capacitar a un conxunto de persoas investigadoras doutorais para dar os seguintes pasos esenciais na área da ciberseguridade.
A cuántica, para quen non o saiba, é unha rama da física que estuda a aplicación dos principios da mecánica cuántica para desenvolver novas tecnoloxías e mellorar as existentes. Algúns dos beneficios potenciais da cuántica inclúen unha comunicación máis rápida e segura, unha computación máis eficiente e sensores máis precisos. Esta tecnoloxía trouxo consigo importantes avances como os computadores cuánticos e a criptografía cuántica.
Vigo Quantum Communication Center (VQCC)
O Centro de Comunicacións Cuánticas de Vigo (VQCC) comezou a súa andaina cun equipo científico de 8 persoas coordinadas polos investigadores de atlanTTic Marcos Curty (director científico) e Francisco J. Díaz Otero, ambos docentes de Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo. O obxectivo da iniciativa é o de “converterse no instituto de investigación líder mundial na comprensión e o desenvolvemento de tecnoloxías de comunicacións cuánticas, que representarán o motor principal da industria das telecomunicacións do futuro”.
Este obxectivo, explican, vai atraer a España científicos de talla mundial, persoal investigador posdoutoral e estudantes de posgrao para abordar problemas científicos clave na vangarda das comunicacións cuánticas e as súas aplicacións.
Ademais, promoverase a educación en cuántica de estudantes de doutorado e mocidade científica nun ambiente de investigación internacional, e construiranse asociacións sólidas e duradeiras con industrias, Universidades, centros tecnolóxicos e o sector público, para desenvolver aplicacións prácticas da seguridade dos datos na era cuántica.
A súa principal actividade centrarase en 5 áreas de investigación, representadas polos seguintes laboratorios: Satellite Quantum Hub, Quantum Communication Theory Group, Quantum Communication Technology Group, Integrated Photonics Lab e Quantum Hacking & Certification Lab.
QSI – Quantum Safe Internet
O proxecto QSI é unha rede de doutoramento MSCA-DN, coordinada polo investigador e catedrático Marcos Curty, que ten como finalidade capacitar a un conxunto de persoas investigadoras doutorais para dar os seguintes pasos esenciais na área da ciberseguridade. A través do desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras na investigación de esquemas criptográficos cuánticos para redes cuánticas e a distribución de claves cuánticas con seguridade e prestacións melloradas. Ao mesmo tempo combina a experiencia en todas as comunidades relevantes para abordar os problemas fundamentais nas comunicacións seguras na era cuántica e as aplicacións importantes nela. O consorcio do proxecto inclúe outras 6 universidades europeas de excelencia (Sorbonne Universite, Universita degli Studi di Padova, Ruhr-Universitaet Bochum, Universiteit Van Amsterdam, Technische universiteit eindhoven, Danmarks tekniske universitet), distribuidas en 5 países.
Caramuel
O investigador Marcos Curty participa no estudio de viabilidade de Caramuel, a primeira misión satelital en órbita xeoestacionaria a nivel mundial orientada á distribución de claves cuánticas (Caramuel-Phase: a study of a QKD on a geostationary satellite). Cun orzamento da ESA e liderado por Hispasat, contribuirá á iniciativa European Quantum Communication Infrastructure (EuroQCI) da Comisión Europea no eido espacial. Como proba de concepto desta misión, establecerase unha conexión vía satélite de distribución cuántica de claves entre dous nodos que, a súa vez, estean conectados por infraestrutura terrestre cos centros emisores e receptores do sinal; é dicir, cos usuarios que queiran compartir a clave cuántica para poder cifrar as súas mensaxes de forma segura. Así, o proxecto servirá como un piloto de novas formas para enviar comunicacións encriptadas en entornos gubernamentais, grandes corporacións e infraestruturas críticas. Curty participa liderando o paquete de traballo relacionado coa evaluación de protocolos e forma parte do comité asesor da misión.ç
QURSA-QUantum-based Resistant Architectures and Techniques
A iniciativa QURSA aborda os desenvolvementos científicos e técnicos necesarios para formar unha rede QKD flexible con topoloxía xeral, orquestrada con principios SDN e capaz de distribuír a nodos e dispositivos variados claves cuánticas robustas como un servizo máis de rede. Ademais da arquitectura, os elementos de control SDN e os mecanismos QKD físicos máis axeitadas, QURSA prevé o desenvolvemento de nodos de terminación da rede híbrida clásico-cuántica desde onde sexa posible obter esas claves para incorporaras ben a dispositivos concretos, ben aos protocolos comúns de Internet integrándoas directamente en PQC para incrementar a súa seguridade.
Co apoio de entidades promotoras, prevese construír unha proba de concepto demostrativa desta solución. Ana Fernández Vilas e Manuel Fernández Veiga, que forman parte do equipo investigador de atlanTTic e son docentes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo, lideran este proxecto TED.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?