Este mércores 19 de abril, en horario de 17:00 a 19:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago, organiza nas súas instalacións sitas no Polígono de Costa Vella a xornada Introdución á Visión Artificial e as súas posibles aplicacións.
A sesión enmárcase dentro do programa do Coworking Dixital Compostela da entidade cameral, que ten como obxectivo xeral “crear un espazo de incubación eaceleración para mellorar a competitividade e incrementar a produtividade das empresas, ao través do fomento da transformación dixital, a innovación e a incorporación das TIC”.
A finalidade da xornada é dar a coñecer as posibilidades que ofrece a Visión Artificial en distintos contextos empresariais e os elementos que hai que ter en conta para a súa aplicación de maneira exitosa. “Falaremos sobre a natureza destas tecnoloxías, os elementos que hai que ter en conta no seu desenvolvemento e as opcións de programación ou posibles usos da Intelixencia Artificial aplicada á visión”, explica a Cámara de Santiago.
O seminario terá dúas horas de duración. Podemos inscribirnos a través da web da entidade compostelá.
Este mércores temos unha cita coa Visión Artificial no Coworking Dixital Compostela
Compartir Este Artigo

