Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un volume compilará as biografías de 40 mulleres recollidas na enciclopedia en liña Álbum de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un volume compilará as biografías de 40 mulleres recollidas na enciclopedia en liña Álbum de Galicia

S. P.
Publicado: 17/04/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20230417_mariamuino-rosarioalvarez-conveniomulleres.jpgA presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, e a deputada provincial de Igualdade, María Muíño, formalizaron este luns 17 de abril un acordo para facer realidade a edición dun volume que compilará as biografías de 40 mulleres recollidas na enciclopedia en liña Álbum de Galicia, habilitada polo CCG para visualizar na Rede as mulleres e os homes que contribuíron ao progreso galego en todas as súas manifestacións.
Na sinatura deste acordo tamén estivo presente a directora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do CCG, Carme Adán.
Segundo fixeron saber, trátase da primeira colaboración formal entre ambas as institucións. O acordo promove a realización de actividades de carácter cultural, especialmente seminarios, exposicións e encontros, que permitan analizar o papel das mulleres na historia e na cultura galegas. Ademais, o protocolo permite o desenvolvemento doutras accións.
20230417_carmeadan-mariamuino-rosarioalvarez-conveniomulleres.jpg “Este tipo de acordos contribúen a amplificar a acción que o Consello da Cultura Galega desenvolve en ámbitos tan necesarios como o da igualdade”, declarou Rosario Álvarez, quen puxo o foco na primeira acción contemplada neste acordo, “un volume que escolma mulleres pioneiras en ámbitos que encaixaban ben no rol que lles outorgaba a sociedade do seu tempo, pero tamén aquelas que romperon teitos de cristal en sectores tradicionalmente masculinizados”.
O libro, que se editará a través dos servizos da imprenta provincial, leva por título Tecendo xuntas: 40 mulleres de álbum e verá a luz nos vindeiros meses. “Esta colaboración enmárcase na filosofía da Área de Igualdade de impulsar de xeito activo todas aquelas accións que permitan avanzar no coñecemento, recuperación e recoñecemento do papel das mulleres e a súa incidencia na sociedade do seu tempo”, asegurou María Muíño.
Tecendo xuntas: 40 mulleres de álbum propón un itinerario histórico desde o medievo ata a actualidade, escrito en feminino por autoras contemporáneas de diversas disciplinas. O volume comeza coas biografías de Rosa María de Castro y Centurión, aristócrata da Casa de Lemos, escrita por Lucía Montenegro, e mais de Constanza de Castro, escrita por Marica Campo, e remata coa biografía de Rosalía Mera, escrita por Marilar Alexandre.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?