O Círculo de Empresarios de Galicia acolleu este martes este 18 de abril un encontro profesional arredor da transformación tecnolóxica do noso sector pesqueiro e marisqueiro. Organizado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) ao abeiro do seu Programa de Impulso á Innovación das Pemes, o Evento Conecta Mar. A innovación da industria convocouse coa misión de achegar as novas ferramentas e recursos aos diferentes axentes que forman parte do sector en Galicia.
A cita contou coa presenza da directora de GAIN, Patricia Argerey, e do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen salientou que “Galicia busca abrir o camiño a novas pemes da cadea mar-industria para que fagan da innovación o seu sinal de identidade”.
Na xornada participaron Iberconsa como empresa tractora, ANFACO-CECOPESCA como centro tecnolóxico de apoio e axente coñecedor do sector e da tecnoloxía que o rodea, e 10 pemes deste ámbito Esencia Atlántica, Ángel Diz Lorenzo, Eiga (Estándar Gestión Alimentaria), Eurored, Syntelix Avances Tecnológicos, Alfogar, Userrob, Cofrico, Asociación Afripez e Muutech.
Con esta xornada concluíu o primeiro dos foros de innovación por sectores e cadeas de valor prioritarias na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) que se prevé celebrar dentro do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes. Previamente, os participantes traballaron en conxunto na identificación de retos do sector e plans de actuación para dar resposta aos mesmos a través da innovación.
Segundo salientou o vicepresidente primeiro, a iniciativa permite ás pemes iniciarse na innovación de forma guiada, cun plan estruturado e uns obxectivos focalizados, mentres que a empresa tractora ten a oportunidade de fortalecer o seu ecosistema local. Conde, que avogou por “universalizar esta forma de traballar na cadea mar-industria”, apuntou que “non só as grandes compañías exercen como tractoras, senón que precisan das pemes para dar resposta aos seus retos tecnolóxicos”. Entre os retos identificados nas fases de traballo previo desta iniciativa, atópanse, tal e como lembrou o conselleiro, a sustentabilidade, a eficiencia ou a mellora dos procesos e os produtos.
A transformación do sector galego do mar centrou unha nova xornada de GAIN
Compartir Este Artigo

